Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

MARTA PAZOS DIRIXIRÁ AS DÚAS PEZAS QUE COMPOÑEN O ESPECTÁCULO

Un total de 50 actores e actrices participarán nas probas para o elenco de 'Martes de Carnaval'

[10/02/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) desenvolverá a próxima semana, do 13 ao 16 de febreiro, as probas de interpretación para seleccionar o elenco da súa próxima produción, ‘Martes de Carnaval’, de Ramón María del Valle-Inclán. Un total de 50 actores e actrices concorrerá a estas audicións, nas que se decidirán os 10 profesionais (4 protagonistas e 6 principais) que encarnarán os 37 personaxes das dúas pezas do espectáculo: ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’.

Martes de Carnaval

Esta renuncia supuxo unha revisión e reorganización das datas das probas, polo que os ensaios darán comezo o 27 de febreiro. ‘Martes de Carnaval’ estrearase finalmente o 20 de abril no Salón Teatro de Santiago de Compostela e manterá os días de representación nos restantes escenarios galegos nos que está programada.

Presentadas 244 persoas
Os candidatos e candidatas que concorrerán ás audicións superaron a primeira parte de selección do proceso, consistente na valoración do currículo profesional. Foron 244 as persoas que se presentaron a esta convocatoria, publicada o pasado 19 de decembro.

‘Martes de Carnaval’ é a produción propia para 2017 do CDG, unidade dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa que a compañía pública se suma á posta en escena de Valle-Inclán en galego no ano no que a obra do autor arousán pasa a dominio público e pode ser traducida a calquera lingua.