Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

SERÁN OS DÍAS 23 E 24 DE ABRIL NO AUDITORIO DO CENTRO

Alumnos da EAEM ofrecen dous concertos de música de cámara

[20/04/2007] O Auditorio da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), en Santiago de Compostela, será o escenario os vindeiros días 23 e 24 de xaneiro, ás 20.30 horas, de dous novos concertos de cámara protagonizados por alumnos deste centro para a especialización musical, que xestiona a Consellaría de Cultura e Deporte a través do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais). Ámbalas dúas citas son de entrada libre até completar o aforo.

Os estudantes están a ensaiar estes recitais, que forman parte do plan pedagóxico, no marco das súas clases de práctica de cámara xunto aos profesores Tilmamn Kircher, Alexander Gold, Ildikó Oltai, Humberto Armas, Carlos Méndez, Esther Viúdez, Laurent Blaiteau e Javier Simó.

O concerto de cámara do vindeiro luns dará comezo co Quinteto para clarinete e cuarteto de corda, de W. A. Mozart; ao que seguirá o Gran Sexteto, de M. Glinka; o Cuarteto Póstumo, de Schubert; o Cuarteto de corda de Grieg; e o Quinteto para para dous violíns, viola e dous violonchelos, tamén de Schubert.

Canto ao recital do martes 24, a primeira parte do programa inclúe as pezas Dende o baixo fondo-Tango, de P. Aslan; Passione amorosa-Dúo de contrabaixos con piano, de G. Bottesini; e Sextuor, de F. Poulenc. A segunda parte intégrana o Quinteto para frauta, óboe, clarinete, fagot e trompa op.43, de Nielsen; Dúas corais, de J. S. Bach; La Spiritata, de G. Gabrieli; e o Vals nº2 de Shostakovich.

Intervirán como instrumentistas os alumnos Daniel Veiga, Nuria Naya, María Fernández, Iván Siso, María Rosa Pampillo, Rebeca Porto, Iago Piñeiro, Alejandra Díaz, Ioana Pérez, Ianire Krutxaga, Rebeca Maseda, Regina Fuentes, jokin Garmendia, Julio J. Martínez, Cristina Ortego, Lorena Varela, Patricia González, Efrén Ramos, María José Rielo, Daniel Otero, Avelino Ferreira, Adrián Silva, Daniel Veiga, Patricia Pazos, Martín Naveira, Nicolau Rodríguez, José Forte, Basilio Camiña e Antonio García.