Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

VENRES 27 E SÁBADO 28, ÁS 20.30 H, E DOMINGO 29, ÁS 18.00 H

'Xardín suspenso' despídese do Salón Teatro con tres últimas funcións esta fin de semana

[27/03/2015] O último espectáculo do Centro Dramático Galego, 'Xardín suspenso', chega ao final da súa estadía no Salón Teatro de Santiago con tres últimas funcións esta fin de semana: venres 27 e sábado 28 de marzo, ás 20.30 horas, e domingo 29, ás 18.00 h.

Detalle do cataz de Xardin Suspenso

A montaxe do CDG visitará, a continuación, outras nove localidades galegas: Narón (Pazo da Cultura, 11 de abril), O Barco de Valdeorras (Teatro Lauro Olmo, 17 de abril), A Estrada (Teatro Principal, 24 de abril), Pontevedra (Auditorio Sede Afundación Pontevedra, 29 de abril), Vigo (Teatro Afundación Vigo, 6 de maio), Tui (Teatro Municipal, 8 de maio), Rianxo (Auditorio Municipal, 15 de maio), Ourense (Teatro Principal, 16 e 17 de maio) e A Coruña (Teatro Rosalía Castro, 22 de maio). E rematará o seu período de exhibición no Teatro D. Maria II de Lisboa (sala Garrett, do 28 ao 31 de maio).

'Xardin suspenso' é un drama escrito polo autor portugués Abel Neves e dirixido para o Centro Dramático Galego por Cándido Pazó. No elenco, César Cambeiro, Melania Cruz, Rocío González, Luisa Merelas, Santi Romay e Ana Santos.

Ligazóns