[26/01/2007] O Auditorio da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), en Santiago de Compostela, será o escenario os vindeiros días 29 e 30 de xaneiro, ás 20.30 horas, de dous novos concertos de cámara protagonizados por alumnos deste centro para a especialización musical que xestiona a Consellería de Cultura e Deporte a través do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais). Ámbalas dúas citas son de entrada libre até completar o aforo.
Os estudantes están a ensaiar estes recitais no marco das súas clases de práctica de cámara xunto aos profesores Anca Smeu, Tilmamn Kircher, Laureant Blaiteau, Ildikó Oltai, Humberto Armas, Julia Petrushevskaya, Esther Viúdez, Nikolai Velikov e Ramón Llaster
O concerto de cámara do vindeiro luns dará comezo cos Cuartetos op.76 nº1 e op. 33 nº3, de J. Haydn; aos que seguerán o Trío sonata para dúas frautas e cémbalo BWV 1039, de J.S. Bach; o Dúo para violín e violonchelo op. 7, de Z. Kodály; Passacaglia Dúo, de Halvorsen-Handel; e Cuarteto op. 18, de L.v. Beethoven.
Canto ao recital do martes 7, a primeira parte do programa inclúe dúas composicións de Mozart: o Cuarteto KV 168 e o Dúo para violín e viola KV 423; ademais do Quinteto Opus Number Zoo de L. Berio. A segunda parte intégrana o Cuarteto nº1 KV 80, tamén de Mozart; Canzone prima e terza, de G.Gabrielli e Kleine Blasmusik, de Schwertsick.
Intervirán como instrumentistas os alumnos Ianire Cruchaga, Ioana Pérez, Jennifer Gómez, Jokin Gramendía, Iria Armesto, Miguel Álvarez, Adrián Silva, Alejandra Díaz, Jimena Vicente, Ernesto Riobó, Regina Fuentes, Rebeca Maseda, Nuria Naya, Lidia López, Lorena Martínez, Blanca López, Bárbara González, Lorena García, Patricia González, Efrén Ramos, María José Rielo, Daniel Otero, María Rosa Pampillo, Rebeca Porto, Iago Piñeiro, Nicolau Rodríguez, Francisco Pérez, Basilio Camiña e Antonio García.