[15/07/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) aprobou a adxudicación dun total de 93.126 euros en axudas a nove empresas musicais galegas para a produción e promoción de 18 proxectos discográficos, entre os que se atopan os últimos traballos de Berrogüetto, Elodio y los Seres Queridos, Emilio Rúa, Lamatumbá, Marco Foxo, Renato Spencer, Rosa Cedrón con Cristina Pato e Xacobe Martínez Antelo, entre outros. Esta contía supón o 41,3 por cento do importe global (225.422 euros) que a entidade da Consellería de Cultura e Turismo destina este ano ao sector musical e a través do que tamén apoia a mellora de estudios de gravación, a distribución exterior, a asistencia a feiras musicais ou o asociacionismo profesional.
[13/07/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo apoiará cun total de 692.052 euros a realización de 23 novos espectáculos de teatro e danza, a cargo doutras tantas compañías galegas adxudicatarias das subvencións ás industrias culturais 2010 nas modalidades de produción escénica. Dentro deste programa xeral de axudas, aprobouse así mesmo a concesión doutros 954.950 euros a través do resto das modalidades convocadas (continuidade da actividade, compañías residentes, programa "Crédito-Cultura", distribución, salas e asociacionismo profesional), de xeito que o apoio económico ao sector escénico galego ascende a 1.647.002 euros.
[12/07/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) achega mediante o programa europeo CREATIVA un total de 20.000 euros destinados a incentivar a presenza de creadores, intérpretes e proxectos portugueses na Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, que se celebrará do 16 ao 24 de xullo. A entidade da Consellería de Cultura e Turismo continúa, deste xeito, as accións de dinamización da industria cultural de Galicia e Norte de Portugal co patrocinio da participación das compañías de rúa e novo circo lusas PIA (Projectos de Intervençao Artística) e Circolando, así como do creador e dinamizador cultural João Pedro Vaz en varias actividades do emblemático certame ourensán.
[09/07/2010] O Centro Coreográfico Galego (CCG) e o seu novo espectáculo Etheria, a viaxe soñada pecharán a vixésimo sétima edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico Festivo de Cangas cunha representación que terá lugar na noite do sábado 10 de xullo (00:30 horas) na Praza das Pontes. De acceso libre para o público, será a primeira función da compañía sobre un escenario exterior, para o que se levará a cabo unha adaptación especial da montaxe aínda que mantendo aos 21 artistas en escena -entre bailaríns e músicos- que contempla o formato orixinal.
[08/07/2010] Un total de 18 propostas galegas de teatro, danza e novo circo foron seleccionadas para integrar a carteleira artística da XVIII Feira Galega das Artes Escénicas que, organizada pola Consellería de Cultura e Turismo a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), terá lugar do 18 ao 21 de outubro en Santiago de Compostela. Esta selección realizouse atendendo tanto aos niveis de distribución das compañías na Rede Galega de Teatros e Auditorios como aos criterios artísticos valorados por unha comisión, que se encargará así mesmo de decidir que tres espectáculos de fóra de Galicia completarán o programa desta nova edición do evento.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores