Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

A ACTUACIÓN SERÁ NA MEDIANOITE DO SÁBADO E DE ACCESO LIBRE PARA O PÚBLICO

"Etheria, a viaxe soñada" do CCG pecha a Mostra de Teatro de Cangas cunha actuación na Praza das Pontes Documento anexo

[09/07/2010] O Centro Coreográfico Galego (CCG) e o seu novo espectáculo Etheria, a viaxe soñada pecharán a vixésimo sétima edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico Festivo de Cangas cunha representación que terá lugar na noite do sábado 10 de xullo (00:30 horas) na Praza das Pontes. De acceso libre para o público, será a primeira función da compañía sobre un escenario exterior, para o que se levará a cabo unha adaptación especial da montaxe aínda que mantendo aos 21 artistas en escena -entre bailaríns e músicos- que contempla o formato orixinal.

SEIS ESCENARIOS DE SANTIAGO ACOLLERÁN DO 18 AO 21 DE OUTUBRO A EXHIBICIÓN ANTE PÚBLICO ESPECIALIZADO DE 18 ESPECTÁCULOS GALEGOS E 3 DE FÓRA

Teatro, danza e novo circo conforman a carteleira galega da Feira das Artes Escénicas 2010 Documento anexo

[08/07/2010] Un total de 18 propostas galegas de teatro, danza e novo circo foron seleccionadas para integrar a carteleira artística da XVIII Feira Galega das Artes Escénicas que, organizada pola Consellería de Cultura e Turismo a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), terá lugar do 18 ao 21 de outubro en Santiago de Compostela. Esta selección realizouse atendendo tanto aos niveis de distribución das compañías na Rede Galega de Teatros e Auditorios como aos criterios artísticos valorados por unha comisión, que se encargará así mesmo de decidir que tres espectáculos de fóra de Galicia completarán o programa desta nova edición do evento.

A SESIÓN MATINAL DEDICARASE AOS RELATORIOS E Á NOITE ACTUARÁN PETER PUNK, PEDRO CORREIA, CIRCOLANDO E DUELIRIUM

A Agadic patrocina a través de CREATIVA o I Foro Clown Galicia-Portugal na Estrada Documento anexo

[07/07/2010] O programa CREATIVA, que promoven conxuntamente a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a portuguesa Direccão Regional de Cultura do Norte, patrocina o I Foro Clown Galicia- Portugal, que se celebra o vindeiro venres 9 de xullo na Estrada como evento previo e complementario ao Festival Rock & Clown. O Concello da Estrada colabora nesta primeira edición do foro, que se estenderá ao longo de toda a xornada con presentacións de iniciativas, relatorios, proxeccións audiovisuais e os espectáculos que se exhibirán no transcurso da Gala de clown galego-portuguesa.

UN TOTAL DE 54 FORMACIÓNS DE TEATRO, MÚSICA E DANZA OCUPARON DESDE OUTUBRO O ESCENARIO QUE XESTIONA O CDG

O Salón Teatro pecha temporada tras acoller 14.442 espectadores en 106 funcións

[06/07/2010] O Salón Teatro, espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) en Santiago de Compostela, congregou un total de 14.442 espectadores nas 106 funcións escénicas e musicais desenvolvidas na temporada 2009-2010 que finaliza a finais de xullo. Trala celebración este mes de tres concertos do festival de música Via Stellae (días 8, 13 e 20) e de dous pases do novo espectáculo do Centro Coreográfico Galego, Etheria, a viaxe soñada (días 28 e 29), o Salón Teatro reabrirá as súas portas o 10 de setembro coa inauguración da carteleira correspondente á nova temporada.

ESTE SÁBADO ÁS 21.30 HORAS NO TEATRO ROSALÍA CASTRO

O Centro Coreográfico estrea na Coruña "Etheria, a viaxe soñada" baixo a dirección de Mercedes Suárez Documento anexo

[01/07/2010] O Centro Coreográfico Galego (CCG) estrea Etheria, a viaxe soñada este sábado 3 de xullo, ás 21:30 horas, no Teatro Rosalía Castro da Coruña. O novo espectáculo, que pasa a ser a cuarta produción propia da unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura e Turismo, está dirixida pola coreógrafa coruñesa Mercedes Suárez e amosa unha particular visión do mundo das peregrinacións a través da recreación da historia da muller que puido ser a primeira peregrina galega. Trala función de estrea, haberá un segunda representación do espectáculo o domingo 4 á mesma hora.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: