[24/09/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo patrocina a través do programa europeo CREATIVA a retrospectiva dedicada ao realizador galego Carlos Velo que se desenvolverá esta fin de semana entre as localidades de Tomiño (Pontevedra) e Vila Nova da Cerveira (Portugal). A iniciativa pechará o festival "Filminho 2010: Fronterias do Cinema", un encontro que se desenvolve desde o pasado 19 de setembro con distintas actividades de exhibición e formación.
[23/09/2010] O programa CREATIVA, que promoven conxuntamente a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo e a portuguesa Direccão Regional de Cultura do Norte, fará posible celebrar en San Simón o encontro multicultural Palabras na Illa do Pensamento, no que a reflexión e arte se fusionarán neste contorno privilexiado da ría de Vigo e no que participarán o escritor Manuel Rivas, o poeta Carlos Oroza e o pintor Vilas-Bugallo, xunto a outros artistas e músicos.
[22/09/2010] A compañía galega Lagarta Lagarta ocupa esta semana o Salón Teatro de Santiago de Compostela coa súa última produción, Cásting (a comedia) , unha adaptación de Roberto Salgueiro do texto homónimo do realizador de televisión, director e dramaturgo teatral Roger Justafré. Con dirección escénica de Rosa Álvarez; María Bouzas, Ernesto Chao, Belén Constenla, Rocío González e Alberto Rolán compoñen o elenco interpretativo desta montaxe que poderá verse durante catro días continuados de representacións: mañá xoves 23, o venres 24 e o sábado 25 ás 20.30 horas; e o domingo 26 ás 18.00.
[21/09/2010] O pub Ultramarinos de Santiago de Compostela acolle, mañá mércores a partir das 22:00 horas, un concerto a cargo do dúo integrado polo acordeonista João Gentil e o percusionista Luis Formiga, co que se abre a edición de 2010 do programa de intercambio musical entre a Rede Galega de Música ao Vivo e o circuíto portugués OuTonalidades. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo, a asociación galega Clubtura e a portuguesa d’Orfeu Associação Cultural colaboran por terceiro ano consecutivo na organización deste ciclo, que ofrecerá este ano un total de 36 concertos a cargo de cinco grupos galegos e outros cinco portugueses en 16 localidades de Galicia e Portugal.
[20/09/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) abre mañá cun concerto no Salón Teatro a cargo de Niño y Pistola a segunda parte do ciclo de concertos "ST Música Presente", dirixido á promoción de traballos discográficos galegos de todos os estilos diante dun público especializado. O grupo galego presentará o seu terceiro larga duración, Niño y Pistola as Arthur & The Writers (Ernie Records, 2010), un tributo aos alter ego, aos nomes falsos dos artistas e ás grandes historias. De novo, o Salón Teatro de Santiago será a sede deste programa de recitais, que nesta nova entrega acollerá outros dous directos protagonizados por Bruma (13 de outubro) e Silvia Penide (22 de outubro).
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 Ver novas anteriores