Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O CIRCUÍTO QUE PROMOVEN A AGADIC E A ASOCIACIÓN CLUBTURA AMPLÍA O SEU CALENDARIO OFRECENDO ACTUACIÓNS ESTIVAIS POR PRIMEIRA VEZ DENDE A SÚA CREACIÓN EN 2007

Doce concertos en nove salas configuran a primeira programación de agosto da Rede de Música ao Vivo Documento anexo

[02/08/2010] O concerto que a banda galega de rock Sugar Mountain (na imaxe) protagonizará o vindeiro mércores día 4 na sala Marrucho de Baiona abrirá a programación de agosto da Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV), que ofrecerá un total de 12 actuacións en nove espazos de diferentes localidades. Por primeira vez dende a súa creación en 2007, o circuíto que promove a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura e Turismo en colaboración coa Asociación de Salas de Música ao Vivo Clubtura estende o seu calendario de concertos ao período estival coa celebración de 31 citas musicais durante os meses de xullo e agosto en 17 salas de toda Galicia e a cargo de 25 solistas e grupos de moi diferentes estilos.

PRESENTÁRONSE 215 PERSOAS PARA OBTER ALGÚN PAPEL DOS SEIS PERSONAXES DO ESPECTÁCULO

O Centro Dramático realizará audicións a 64 actores e actrices que aspiran a integrar o elenco de "Salomé"

[29/07/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) realizará audicións a 64 actores e actrices que aspiran a obter algún dos papeis dos seis personaxes previstos para o espectáculo Salomé, primeira produción da compañía pública para a próxima temporada coa que se abre a xestión de Blanca Cendán como directora da entidade. As probas realizaranse no Salón Teatro ao longo da semana que vén diante dun tribunal no que participará Carlos Santiago, director de escena escollido para montar unha adaptación da obra orixinal de Oscar Wilde.

AS REPRESENTACIÓNS SERÁN O MÉRCORES 28 E O XOVES 29 ÁS 21:30 HORAS

O Salón Teatro despide a temporada con dúas funcións de "Etheria, a viaxe soñada" a cargo do Centro Coreográfico Galego Documento anexo

[26/07/2010] O Salón Teatro de Santiago despide a temporada de exhibición 2009-2010 con dúas funcións do espectáculo do Centro Coreográfico Galego Etheria, a viaxe soñada, que terán lugar os días 28 e 29 de xullo ás 21:30 horas. A peza que dirixe a coruñesa Mercedes Suárez é a cuarta produción propia da unidade de danza pertencente á Consellería de Cultura e Turismo a través de Agadic.

A AGADIC E O XACOBEO COLABORAN NESTE PROGRAMA DE DIFUSIÓN. O ESPECTÁCULO COMPLETO PODERÁ VERSE OS DÍAS 28 E 29 NO SALÓN TEATRO

O CCG inicia en Santiago o ciclo "Camiños en Danza" co que levará accións sobre "Etheria, a viaxe soñada" a 17 concellos Documento anexo

[26/07/2010] O Centro Coreográfico Galego (CCG) inicia en Santiago o ciclo "Camiños en danza", un novo programa de difusión da danza actual galega mediante a escenificación de accións e improvisacións coreográficas a partir do espectáculo Etheria, a viaxe soñada nun total de 17 concellos galegos. A Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e o Xacobeo 2010 colaboran nesta iniciativa que se desenvolverá ata setembro en emprazamentos ao aire libre e de tránsito público de localidades ubicadas nalgunha das rutas de peregrinación a Compostela.

A AGADIC APOIARÁ A SÚA PRESENZA EN CONPENHAGUE E PRESTARÁ COBERTURA LOXÍSTICA ÁS EMPRESAS DESPRAZADAS

Mercedes Peón participará en Womex 2010 como primeira artista galega seleccionada pola sección oficial do certame Documento anexo

[22/07/2010] Mercedes Peón actuará o próximo 29 de outubro no Womex de Copenhague como primeira representante da música galega seleccionada expresamente pola sección oficial deste certame, o máis importante a nivel internacional especializado en world music . A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo apoiará a presenza da artista galega neste encontro polo pulo que supón a súa participación para toda a industria musical do país; e prestará así mesmo cobertura loxística ás empresas produtoras e distribuidoras do sector que se despracen este ano á capital dinamarquesa.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: