[12/11/2010] As compañías galegas Voadora e Quique Peón Cía. atópanse estes días en Madrid para presentar os seus últimos espectáculo, Super8 (na imaxe) e Ovay, coproducidos respectivamente polo Centro Dramático Galego (CDG) e o Centro Coreográfico Galego (CCG). A montaxe da plataforma Voadora escenifícase na Sala Triángulo, onde mañá sábado terá ofrecido un total de tres funcións; mentres que Quique Peón foi seleccionado polo Festival Internacional Madrid en Danza para actuar, tamén mañá, no Centro Cultural Pilar Miró.
[11/11/2010] O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Juan Carlos Fernández Fasero, participou hoxe en Pontevedra na presentación do programa de actividades profesionais e públicas do Culturgal 2010, evento que cualificou como "a feira estratéxica" para a proxección exterior e interior de todo o sector cultural galego. Como principal entidade patrocinadora da terceira edición deste encontro, a Agadic promove a presenza en Culturgal de profesionais e artistas procedentes de Brasil e Portugal, apostando así por unha feira aberta tanto á sociedade galega como ao resto do mundo, na procura dunha maior internacionalización da nosa cultura.
[10/11/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo organiza un novo ciclo de tres clases maxistrais de música tradicional, que impartirán os mestres Steven Greenman, Kepa Junkera (na imaxe) e Antonio Placer en distintas datas de novembro e decembro e que desta volta trasladarán o seu emprazamento á illa de San Simón, na ría de Vigo. O violín klezmer, os instrumentos tradicionais vascos e a relación entre creación vocal e improvisación serán os principais eixos temáticos desta terceira edición das master class.
[09/11/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a Agência para o Desenvolvimento das Indústrias Criativas de Portugal (Addict) colaboran na organización dun encontro entre empresas culturais de ambos lados da fronteira que, baixo o título Co-Creation: participación colaborativa e intercambio de experiencias nas industrias culturais, terá lugar o vindeiro martes día 16 na sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Vigo.
[08/11/2010] Un total de 11 alumnos asisten dende hoxe e ata o vindeiro venres día 12 ao Taller de Danza Tradicional Galega que, organizado polo Centro Coreográfico Galego (CCG), imparte o especialista Calixto Albán Laxe, autor de O saber do pobo. Enciclopedia do traxe, danza e música tradicional. As clases, especialmente dirixidas a profesionais da danza e das artes do movemento, céntranse no coñecemento do baile tradicional como expresión da cultura galega, ademais de abordar outros aspectos esenciais para a súa execución, como os traxes e as súas partes ou os diferentes tipos de música popular.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores