[02/12/2010] O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos Fernández Fasero, inaugurou esta mañá en Pontevedra o Foro de Edición e Tipografía Feet 2010, que se desenvolverá na Casa das Campás arredor de mesas redondas, conferencias, presentacións de obras e talleres que congregarán a destacados profesionais procedentes de toda a Península. Organizado pola Asociación Galega de Deseñadores (DAG), o encontro terá lugar ata o sábado 4 e do día 16 ao 18 como derradeira cita do programa europeo CREATIVA, que a Agadic promove xunto coa portuguesa Direccão Regional de Cultura do Norte para a difusión e o intercambio entre as industrias culturais da eurorrexión.
[01/12/2010] Máis de 1.200 alumnos dun total de 21 centros de ensino de toda Galicia asistirán ás funcións escolares que o Centro Dramático Galego (CDG) ofrece no Salón Teatro coa súa última produción, Salomé, realizada a partir da obra de Oscar Wilde baixo a dirección de Carlos Santiago. O novo espectáculo da compañía pública permancerá neste escenario compostelán ata o domingo 19 de decembro, con cinco funcións semanais (mércores e xoves para estudantes -agás o 8 de decembro-, e venres, sábados e domingos para o público xeral).
[30/11/2010] O tecido industrial da cultura galega experimentou un incremento do 2,33% nos últimos dous anos, cun total de 6.931 empresas rexistradas a principios de 2010 en actividades que van desde a creación artística ata a comercialización de produtos culturais. Estes son algúns dos datos do informe As cifras da industria cultural galega, promovido pola Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) co obxectivo de ofrecer unha análise cuantitativa dos principais indicadores económicos dun sector que factura 1.000 millóns de euros. Neste sentido, o estudo confirma o potencial da cultura como xeradora de riqueza e de emprego.
[25/11/2010] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle mañá venres 26 de novembro, ás 21.00 horas, a estrea da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), Salomé, de Óscar Wilde, baixo a dirección de Carlos Santiago. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela asistirá a esta primeira función do espectáculo que abre a xestión de Blanca Cendán á fronte da compañía pública, e para a que se prevé un patio de butacas cun cheo absoluto de espectadores.
[24/11/2010] O programa europeo CREATIVA para a difusión das industrias culturais do sur de Galicia e o norte de Portugal chegará ao seu fin o vindeiro mes de decembro coa celebración na Casa das Campás de Pontevedra do Foro de Edición e Tipografía Feet 2010. Profesionais galegos e portugueses participarán nas mesas redondas, conferencias, presentacións e obradoiros que se desenvolverán do 2 ao 4 e do 16 ao 18 de decembro baixo a organización da Asociación Galega de Deseñadores (DAG) e co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no marco desta iniciativa transfronteiriza.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores