Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

ROBERTO VARELA PRESENTOU HOXE A NOVA PRODUCIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA, QUE SERÁ ESTREADA O VENRES 26 ÁS 21.00 H NO SALÓN TEATRO

O Centro Dramático Galego ofrece unha ollada contemporánea da "Salomé" de Oscar Wilde baixo a dirección de Carlos Santiago Documento anexo

[23/11/2010] O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, presentou hoxe no Salón Teatro de Santiago o espectáculo Salomé, nova produción do Centro Dramático Galego (CDG) realizada a partir da obra de Oscar Wilde con dirección de Carlos Santiago, que será estreada o vindeiro venres día 26, ás 21.00 horas, neste mesmo escenario. Segundo sinalou Roberto Varela, a posta en escena ideada polo director galego achéganos unha "moi especial" revisión da traxedia escrita polo gran dramaturgo irlandés, dando boa conta do "mellor que o teatro galego pode ofrecer".

A "PERFORMANCE" DO CANDIDATO HERODES ANTIPAS DESVELA A ORIXE DA CAMPAÑA DO PARTIDO BONANZA E PROGRESO DE GALILEA COMO ACCIÓN PROMOCIONAL DESTA NOVA MONTAXE

O CDG desenvolve unha "pegada electoral" previa á estrea do seu espectáculo "Salomé" Documento anexo

[18/11/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) desenvolveu esta mañá unha acción escénica diante do Salón Teatro de Santiago como parte da campaña promocional de Salomé, o novo espectáculo que a compañía pública estreará o 26 de novembro baixo a dirección de Carlos Santiago. A intervención estivo protagonizada por un dos personaxes desta versión da obra de Oscar Wilde, o candidato Herodes Antipas interpretado polo actor Pepe Penabade, quen levou a cabo a primeira pegada de carteis da montaxe.

O INTÉRPRETE E COMPOSITOR NORTEAMERICANO ESTÁ RECOÑECIDO INTERNACIONALMENTE COMO UN DOS MÁIS DESTACADOS ESPECIALISTAS DO FOLK INSTRUMENTAL DE RAÍZ XUDEA E XITANA

O mestre do violín klezmer Steven Greenman abre as "master class" de música tradicional da Agadic na illa de San Simón Documento anexo

[17/11/2010] O violinista e compositor estadounidense Steven Greenman, recoñecido internacionalmente como un dos mellores intérpretes do violín klezmer, inaugura mañá o novo ciclo de master class de música tradicional que a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) organiza na sede da Fundación Illa de San Simón, na ría de Vigo. Os participantes neste primeiro curso, que se estenderá ata o sábado día 20, terán a oportunidade de achegarse á milenaria tradición da música klezmer no leste de Europa, afondando no repertorio do folk xudeu para instrumentos de corda.

O DIRECTOR DA AGADIC E A DIRECTORA DA ADDICT INAUGURARON EN VIGO ESTE ENCONTRO ENTRE AS INDUSTRIAS CREATIVAS DE AMBOS PAÍSES

Un total de 72 empresas culturais de Galicia e Portugal intercambian experiencias na xornada "Co-Creation" do programa CREATIVA Documento anexo

[16/11/2010] O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos F. Fasero, e a directora executiva da Agência para o Desenvolvimento das Indústrias Criativas de Portugal (Addict), Ana Carvalho, inauguraron esta mañá en Vigo a xornada de traballo Co-Creation: participación colaborativa e intercambio de experiencias nas industrias culturais, que ambas entidades organizan na sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia coa participación dun total de 72 empresas culturais, 50 galegas e 22 portuguesas.

COPRODUCIDOS RESPECTIVAMENTE POLO CDG E O CCG, AMBAS MONTAXES ATÓPANSE EN XIRA POR DIFERENTES TEATROS E FESTIVAIS ESPAÑOIS

Os espectáculos galegos "Super8" de Voadora e "Ovay" de Quique Peón represéntanse en Madrid Documento anexo

[12/11/2010] As compañías galegas Voadora e Quique Peón Cía. atópanse estes días en Madrid para presentar os seus últimos espectáculo, Super8 e Ovay (na imaxe), coproducidos respectivamente polo Centro Dramático Galego (CDG) e o Centro Coreográfico Galego (CCG). A montaxe da plataforma Voadora escenifícase na Sala Triángulo, onde mañá sábado terá ofrecido un total de tres funcións; mentres que Quique Peón foi seleccionado polo Festival Internacional Madrid en Danza para actuar, tamén mañá, no Centro Cultural Pilar Miró.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: