[12/03/2022] Elisabeth Maisondieu-Camus, neta de Albert Camus e membro da entidade responsable do legado do autor Camus Estate, asistiu xunto ao conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, á representación da produción do Centro Dramático Galego 'A peste', inspirada na obra homónima do Nobel de Literatura francés.
[10/03/2022] A Xunta presenta este mes os volumes 4 e 5 do ciclo 'Clásicas desfeitas', que este ano leva a escenarios non convencionais obras inspiradas na literatura medieval galega e na renacentista portuguesa. Os dous proxectos, están a tomar forma xa no marco do programa de apoio ao talento creativo das Residencias Artísticas do Gaiás co propósito de achegar unha ollada renovada e actual sobre o patrimonio cultural e artístico.
[03/03/2022] O Centro Dramático Galego (CDG) estrea mañá venres no Teatro Principal de Santiago de Compostela a coprodución 'Rastros', da compañía Condetrespés, no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios impulsada pola Xunta en colaboración co Concello. Segundo se informou hoxe nunha rolda de prensa na que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, haberá funcións os días 4 e 5 ás 20,30 horas e a primeira delas incluirá un encontro ao remate. As entradas poden adquirirse de xeito anticipado no Punto de Información Cultural do concello Zona C, situado na Praza de Cervantes, e no mesmo día do espectáculo no propio teatro, desde unha hora antes do inicio.
[02/03/2022] A Xunta deu a coñecer hoxe o programa de 'Residencias Artísticas do Gaiás deste ano (REGA 22)' que se desenvolverá na Cidade da Cultura co obxectivo de apoiar o talento e dar visibilidade á creación contemporánea, tanto galega como internacional. A través das 'REGA', o Goberno galego dá continuidade e amplía a ambiciosa liña de traballo iniciada en 2021 para consolidar o Gaiás como rótula do ecosistema cultural galego e impulsar dentro do sector procesos de investigación, innovación e formación, en liña cos obxectivos do II Plan Estratéxico da Cidade da Cultura.
[02/03/2022] A compañía Inversa Teatro e o Centro Dramático Galego (CDG) estrean este venres ás 20,00 horas no Auditorio Municipal de Vigo a coprodución O péndulo, na que tamén participan a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e a Área de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. A representación, que terá lugar ás 20,00 horas, forma parte da actividade da Rede Galega de Teatros e Auditorios impulsada pola Xunta en colaboración co Concello. As entradas poden adquirirse de xeito anticipado na web www.giglon.com e na libraría Librouro, así como no despacho de billetes do auditorio no mesmo día do espectáculo desde unha hora antes do inicio
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 Ver novas anteriores