[13/10/2010] A compañía viguesa A Producións Artísticas porá en escena este venres 15 e o sábado 16 ás 20.30 horas no Salón Teatro de Santiago Alicia & Alicia, un espectáculo de teatro e danza con apoio audiovisual dirixido ao público adulto. Trátase dunha versión libre e actual do clásico de Lewis Carroll Alicia no país das marabillas, a partir da adaptación realizada por Paula Carballeira, que convida a reflexionar sobre a actualidade mergullándose no mundo do inconsciente.
[12/10/2010] A compañía pontevedresa Bruma protagoniza mañá mércores, ás 21.30 horas no Salón Teatro de Santiago, unha nova actuación do programa "ST Música Presente", no marco do que presentará o seu DVD Nove espellos e unha caixa de música, editado por Cumio como resultado da gravación do espectáculo homónimo. Baixo a dirección artística e musical de Serxio Cobos, esta iniciativa mestura elementos circenses, toques teatrais e a atemporalidade da danza tradicional, clásica e contemporánea.
[11/10/2010] O prestixioso solista norteamericano Eric Terwilliger imparte dende hoxe e ata o vindeiro venres 15 de outubro o Curso de Trompa que organiza a Escola de Altos Estudos Musicais na súa sede de Santiago de Compostela. As sesións enmárcanse dentro das actividades da Sección de Formación Permanente do centro que xestiona a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), que acaba de inaugurar o novo período lectivo 2010-2011 coa incorporación ás clases do alumnado de segundo curso da Sección de Especialización.
[09/10/2010] As compañías BStudiodanza e Nabeirarrúa Danza contarán co apoio económico e a asistencia técnica e artística do Centro Coreográfico Galego (CCG) para desenvolver os seus próximos espectáculos, que foron seleccionados entre un total de 22 proxectos presentados á convocatoria de coproducións da unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).
[07/10/2010] O Salón Teatro de Santiago recibe esta fin de semana á compañía compostelá Redrum Teatro, que ofrecerá dúas funcións (sábado 9 ás 20.30 horas e o domingo 10 ás 18.00 h) de A pensión, obra de suspense que supón a primeira incursión teatral do cineasta lalinense Álex Sampayo. Rosa Álvarez, Tamara Canosa e Guillermo Carbajo protagonizan esta creación escénica, que explora as consecuencias da soidade mergullándose nun mundo interior complexo, produto do abandono, do illamento e da falta de comunicación.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 Ver novas anteriores