Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O PRAZO DE RECEPCIÓN DE ORIXINAIS REMATA O 31 DE DECEMBRO

CDG e Radio Galega convocan a quinta edición do Premio "Diario Cultural" de Teatro Radiofónico Documento anexo

[10/12/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) e a Radio Galega convocan a quinta edición do Premio "Diario Cultural" de Teatro Radiofónico, único das súas características en Galicia e pioneiro a nivel estatal no fomento da escrita de textos dramáticos para a radio. O galardón, que conta co patrocinio da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), consolida así a súa traxectoria a prol da recuperación do formato de teatro radiofónico desde unha perspectiva contemporánea, facilitando unha plataforma de creación aberta ás novas linguaxes.

AMBOS OS ENCONTROS DESENVOLVERANSE ENTRE O 16 E O 18 DE DECEMBRO

A Agadic organiza na illa de San Simón dúas "master class" de música tradicional con Kepa Junquera e Antonio Placer Documento anexo

[07/12/2010] Kepa Junquera (na imaxe) e Antonio Placer protagonizarán as dúas últimas citas do terceiro ciclo de master class de música tradicional que organiza a Consellería de Cultura e Turismo a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). Os instrumentos tradicionais vascos e a relación entre creación vocal e improvisación serán os eixos temáticos destas clases maxistrais, que se desenvolverán do 16 ao 18 de decembro na sede da Fundación Illa de San Simón, na ría de Vigo.

OS PARTICIPANTES ACHEGARANSE AO REPERTORIO DE PIANO PARA AS CLASES DE DANZA CLÁSICA A TRAVÉS DE DIFERENTES EXERCICIOS PRÁCTICOS

O Centro Coreográfico Galego pecha o seu programa formativo 2010 cun taller de acompañamento musical a cargo de Roberto Beceiro Documento anexo

[06/12/2010] O programa formativo do Centro Coreográfico Galego (CCG) para 2010 chega ao seu fin este mes de decembro coa celebración dun taller de acompañamento musical impartido polo pianista Roberto Beceiro. Dirixido tanto a profesores de danza como a pianistas acompañantes, o obradoiro desenvolverase entre os días 13 e 17 na sede do CCG na Coruña.

O ENCONTRO CELÉBRASE DO 8 AO 12 DE DECEMBRO NA CIDADE DE BELO HORIZONTE, CAPITAL DE MINAS GERAIS

Oito produtoras e discográficas galegas participan en misión comercial na Feira de Música do Brasil

[05/12/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) patrocina a participación dunha delegación integrada por oito produtoras e discográficas galegas na Feira Internacional de Música de Brasil (FMB), o encontro máis importante para a difusión musical de toda América Latina, que este ano se celebra na cidade de Belo Horizonte, capital do estado de Minas Gerais. A música galega estará presente neste certame mediante a misión comercial emprendida polos xerentes das empresas Ouvirmos, Esmerarte, A Central Folque, Berrogüetto Producións, Falcatruada, Keltia, Nalgures e Nordesía.

TERÁ LUGAR NO SALÓN TEATRO DO 26 AO 30 DE DECEMBRO COAS COMPAÑÍAS LIMIAR, BERROBAMBÁN, TANXARINA, TROMPICALLO E PANAMESIANA

O CDG organiza unha nova edición da Mostra de Teatro Infantil de Nadal

[04/12/2010] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá do 26 ao 30 de decembro unha nova edición da Mostra de Teatro Infantil de Nadal, na que cinco compañías, todas elas galegas, escenificarán os seus últimos espectáculos especialmente deseñados para público familiar. Organizada polo Centro Dramático Galego (CDG), participarán no ciclo Limiar Teatro, Berrobambán, Tanxarina Títeres, Títeres Trompicallo e Panamesiana Teatro coas súas distintas propostas de teatro actor, clown ou monicreques.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: