[22/02/2011] Un total de 90 intérpretes participan dende hoxe nas audicións que desenvolve en Santiago o Centro Dramático Galego co fin de seleccionar os cinco actores-cantantes e as cinco actrices-cantantes que, xunto con Luis Tosar no papel protagonista, porán en escena o musical A ópera dos tres reás, versión da famosa obra de Bertolt Brecht e Kurt Weill que a compañía pública estreará a finais de xuño.
[21/02/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) preséntase a partir de mañá en Pontevedra con motivo da xira galega que está a desenvolver co seu espectáculo Salomé, adaptación da obra de Oscar Wilde dirixida por Carlos Santiago. A última montaxe da compañía pública, que afonda na visión do poder como forza invariable e amosa outra interpretación do texto cunha lectura máis política e actual, poderá verse no Teatro Principal mañá martes 22, ás 21.00 horas, e o mércores 23, ás 12.00 horas (función concertada para escolares), como parte da programación do 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
[20/02/2011] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) colabora en calidade de copatrocinadora co circuíto "AIEnRUTa-Artistas" que organiza a Asociación Española de Artistas, Intérpretes o Ejecutantes (AIE) para a potenciación da música en directo en todo o territorio nacional. Con máis de 15 anos de antigüidade, este programa funciona mediante a adhesión das salas de concertos de titularidade privada interesadas, que se agrupan en cinco áreas xeográficas e nas que se desenvolven os calendarios de actuacións trimestrais baixo a premisa da presentación de artistas de todos os estilos en destinos sempre distintos aos da súa procedencia.
[17/02/2011] A inconfundible voz de Stereolab, Laetitia Sadier, inaugura este domingo 20, ás 20.30 horas, a quinta edición da extensión do Festival Sinsal en Santiago cun concerto en que presentará o seu debut en solitario, The Trip, unha colleita de cancións de aparencia sinxela que agochan toda a profundidade que caracteriza o seu traballo desde os inicios.
[16/02/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) representa esta semana en Tui o seu espectáculo Salomé, dirixido por Carlos Santiago a partir da obra de Oscar Wilde. A función desta última montaxe da compañía pública, que ofrece unha lectura máis política e actual do texto do gran dramaturgo irlandés, celebrarase o vindeiro venres 18 de febreiro, ás 21.30 horas, no Teatro Municipal de Tui, edificio Área Panorámica.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores