[27/01/2011] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) mantén a normalidade nos pagamentos de subvencións e doutros conceptos que se libran anualmente coas distintas empresas culturais galegas. Así, a entidade da Consellería de Cultura e Turismo aboará a partir de mañá 28 de xaneiro e durante os próximos días máis de 880.000 euros, cantidade total que nestes momentos está pendente de pago con todos os trámites administrativos previos conformados.
[26/01/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) organiza un curso sobre Molière que, dirixido fundamentalmente a actores e actrices, impartirá o director, actor e dramaturgo galego Mario Tomás. O curso, que abriu hoxe o prazo de matrícula, consta de nove xornadas lectivas (do 14 ao 18 e do 21 ao 24 de febreiro entre 10.00 e 14.00 horas) centradas no estilo e na construción dos personaxes creados polo comediógrafo francés.
[25/01/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro o espectáculo producido por Abrapalabra Creacións Escénicas Memoria das memorias dun neno labrego, un monólogo escénico-narrativo co que Cándido Pazó rende homenaxe ao libro de Xosé Neira Vilas no 50 aniversario da súa primeira publicación. O escenario do Centro Dramático Galego desenvolverá un total de seis funcións da primeira versión escénica en Galicia desta obra emblemática da narrativa galega: tres para o público xeral, que terán lugar o venres 28 e o sábado 29 ás 20.30 horas e o domingo 30 ás 18.00 horas; e outras tres para estudantes de bacharelato, concretamente dous pases matinais o luns 31 e un terceiro o martes 1 de febreiro.
[21/01/2011] A profesora Marta Schinca, pioneira da ensinanza e investigación da expresión corporal a nivel estatal, desprazarase a vindeira semana á Coruña para impartir o Taller de Movemento e Expresión que o Centro Coreográfico Galego organizará do 24 ao 27 de xaneiro na súa sede do Complexo Deportivo de Elviña. Un total de 15 alumnos teñen xa formalizada a súa inscrición neste obradoiro, centrado na capacidade comunicativa do movemento corporal.
[20/01/2011] O Centro Dramático Galego inicia esta fin de semana o ciclo de distribución en Portugal do seu espectáculo Salomé como froito dun acordo de intercambio entre a compañía pública galega e tres emblemáticas agrupacións do país veciño. Así, a montaxe dirixida por Carlos Santiago a partir da obra de Oscar Wilde exhibirase este mes de xaneiro no Centro Cultural Vila Flor de Gimarães (sábado 22 ás 22.00 horas), no Teatro Acert de Tondela (mércores 26 ás 21.45 horas) e no Theatro-Circo de Braga (venres 28 e sábado 29 ás 21.30 horas).
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 Ver novas anteriores