Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

ELIXIRANSE MEDIANTE AUDICIÓN OS INTÉRPRETES DE CINCO PAPEIS MASCULINOS E OUTROS CINCO FEMININOS PARA INTEGRAR O ELENCO ENCABEZADO POR LUIS TOSAR COMO PROTAGONISTA

O Centro Dramático convoca un proceso de selección de dez actores-cantantes para "A ópera dos tres reás"

[08/02/2011] O Centro Dramático Galego acaba de iniciar o proceso de selección do elenco da súa próxima produción, o musical A ópera dos tres reás, coa convocatoria dunha audición pública para elixir os cinco actores-cantantes e as cinco actrices-cantantes que, xunto con Luis Tosar no papel protagonista, interpretarán esta versión da famosa obra de Bertolt Brecht e Kurt Weill. As probas celebraranse en Santiago de Compostela a partir do 21 de febreiro diante dun tribunal do que formarán parte Quico Cadaval, director escénico do espectáculo, e Carlos Ariel Gracia, director musical.

O ESPECTÁCULO, DOTADO DUNHA GRAN FORZA DRAMÁTICA, APÓIASE NO TRABALLO ACTORAL E NOS TEXTOS QUE O ESPECTADOR ORDENA MENTALMENTE PARA DAR SENTIDO Á HISTORIA

Histrión Teatro chega a Santiago coa obra de Veronese "Del maravilloso mundo de los animales: los corderos" Documento anexo

[07/02/2011] O Salón Teatro acolle esta semana -mércores 9 e xoves 10 de febreiro ás 20.30 horas- dúas funcións do espectáculo Del maravilloso mundo de los animales: los corderos, unha "salvaxe parodia" da sociedade moderna escrita e dirixida para Histrión Teatro polo arxentino Daniel Veronese, un dos creadores máis recoñecidos e polémicos do panorama escénico contemporáneo a nivel internacional.

A REPRESENTACIÓN TERÁ LUGAR O XOVES 10 ÁS 20.30 HORAS NO AUDITORIO GUSTAVO FREIRE

O CDG clausura a XI Mostra de Teatro Clásico de Lugo coa posta en escena do espectáculo "Salomé" Documento anexo

[07/02/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) viaxa esta semana a Lugo para representar o seu espectáculo Salomé, dirixido por Carlos Santiago a partir da obra de Oscar Wilde, dentro da programación da XI Mostra de Teatro Clásico. A función desta última montaxe da compañía pública celebrarase o vindeiro xoves 10 de febreiro, ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal Gustavo Freire como clausura do encontro teatral que organiza anualmente a Concellería de Cultura de Lugo.

DÉBORAH ALFAYA, MAITE QUIÑONES E PALOMA PÉREZ-COLOMER, EN DANZA CLÁSICA, E DAVID LOIRA E CELIA LÓPEZ, EN CONTEMPORÁNEA, IMPARTIRÁN CADA UNHA DAS SESIÓNS

O CCG organiza un ciclo de cinco "master class" en colaboración con escolas galegas de danza Documento anexo

[06/02/2011] O Centro Coreográfico Galego (CCG) desenvolverá a próxima semana un ciclo de cinco master class en colaboración con diferentes centros de danza de Galicia. As profesoras Déborah Alfaya Gottschalk, Maite Quiñones e Paloma Pérez-Colomer, en danza clásica, e David Loira e Celia López Hernández, en contemporánea, impartirán cada unha das sesión matinais que se celebrarán do luns 7 ao venres 11 de febreiro na sede da unidade de danza da Agadic no Complexo Deportivo de Elviña da Coruña.

REGRESA A SANTIAGO TRAS SER REPRESENTADA EN SANTANDER, MADRID, GRANOLLERS, SEVILLA E MALLORCA COMO MONTAXE SELECCIONADA POLA RED DE TEATROS ALTERNATIVOS

Voadora fai un alto na xira española da comedia musical "Super8" para ofrecer dúas funcións no Salón Teatro Documento anexo

[02/02/2011] A plataforma Voadora regresa esta semana ao Salón Teatro de Santiago coa súa comedia musical Super8, realizada en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), da que ofrecerá senllas funcións o venres 4 e o sábado 5 ás 20.30 horas. A compañía compostelá fai así un pequeno alto na ampla xira estatal que está a desenvolver no marco da Red de Teatros Alternativos cun espectáculo no que, coa memoria como fío condutor, combina teatro, música en directo e danza.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: