[22/03/2011] O espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) Salomé, dirixido por Carlos Santiago, despídese esta semana do público con tres derradeiras funcións no Salón Teatro de Santiago que terán lugar este xoves 24 ás 11.00 horas, en pase concertado para escolares, e o venres 25 e o sábado 26, ás 20.30 horas. A compañía pública galega pecha así o período de exhibición desta adaptación da coñecida obra de Oscar Wilde, que afonda na visión do poder como forza invariable e amosa outra interpretación do texto cunha lectura máis política e actual.
[16/03/2011] A compañía galega Sapristi Teatro regresa este venres día 18 e o sábado 19 (20:30 h) ao Salón Teatro de Santiago co seu espectáculo Por que o meniño se coce na polenta?, realizado a pasada temporada en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG). Con dirección escénica de Roberto Leal, a actriz Nuria Sanz e o músico Ignacio Sanz interpretan esta montaxe, cuxa estrea xa acollera este mesmo escenario en xuño de 2010, e que mestura xéneros que van desde o clown ata un realismo que roza o dramático, pasando pola comedia xestual, o cabaret, a revista, o musical, o vodevil e o circo.
[15/03/2011] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) lidera o proxecto de cooperación en innovación creativa e cultural "Garage Project" na súa candidatura ao programa europeo Interreg IV-C, poñéndose á fronte dun partenariado integrado por un total de 15 institucións e organismos vinculados ás industrias culturais e creativas de 14 países. A entidade da Consellería de Cultura e Turismo é, así mesmo, a anfitrioa da primeira reunión conxunta entre os socios, que se desenvolve durante toda a xornada de hoxe na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, como parte da fase preparatoria contemplada no calendario de traballo da proposta.
[14/03/2011] O Centro Coreográfico Galego (CCG) organiza esta semana no Conservatorio Profesional de Danza de Lugo o Curso de Metodoloxía da Danza Académica que, baseado no Sistema Vaganova, imparte a profesora África Hernández, autora do manual La danza académica y su metodología. Este obradoiro teórico-práctico, que se desenvolve dende hoxe e ata o venres 18 en horario de mañá e tarde, diríxese preferentemente a profesores de danza, coa finalidade de incentivar a investigación e experimentación dentro desta ensinanza artística.
[11/03/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) realizou a adaptación para a radio das catro obras finalistas do V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que a compañía pública organiza xunto coa Radio Galega e co patrocinio da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). Baixo a dirección de Ana Vallés, un elenco integrado por sete actores e actrices -Mónica Camaño, Margarita Fernández, Manu Lago, Roberto Leal, Laura Ponte, Nuria Sanz e Marcos Vieitez- pon voz aos personaxes dos textos Carne de canón, Paraísos, Señora Carmen e Como eliminar as manchas de vómito, que se emiten ata o vindeiro día 25 de marzo en diferentes espazos da Radio Galega.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores