[15/05/2022] A coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) con Ainé Producións e o Concello da Coruña arredor da figura de María Casares, 'Continente María', estréase mañá na cidade herculina no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios promovida pola Xunta en colaboración coas administracións locais. A peza lévase a escena coa compañía A Quinta do Cuadrante e forma parte da axenda conmemorativa impulsada polo Goberno galego co gallo do centenario da actriz. A función inaugural terá lugar no Teatro Rosalía Castro ás 20,30 horas.
[09/05/2022] A produción do Centro Dramático Galego (CDG) 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' viaxa esta semana a Portugal, cunha función en Beja, no marco do Festival Internacional de Teatro do Alentejo, e outra en Coímbra. A xira portuguesa do espectáculo que leva a escena o texto de AveLina Pérez, con dramaturxia e dirección de Marta Pazos, forma parte da aposta pola proxección internacional do teatro galego da unidade teatral da Xunta e polo reforzo da colaboración co país luso. Nesta liña, cómpre salientar tamén que o director do CDG, Fran Núñez, se despraza mañá a Viana do Castelo para presentarlle o sistema de teatro inclusivo a Teatro do Noroeste-Viana do Castelo, interesado na ferramenta.
[29/04/2022] O Centro Dramático Galego (CDG) inicia a xira da súa última produción 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' a vindeira semana en Cee, segundo se anunciou hoxe nunha rolda de prensa celebrada nesa localidade e na que participou o director da unidade teatral da Xunta, Fran Núñez. Con dirección e dramaturxia de Marta Pazos, a montaxe leva a escena o texto da creadora escénica AveLina Pérez galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro en 2018 e conta con Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Manuel Esperante, Davide González, María Llanderas, Alba Loureiro e Toni Salgado no elenco.
[28/04/2022] A Xunta de Galicia publica hoxe a convocatoria do proceso de selección de tres espectáculos de danza, en calquera das súas modalidades, dentro do programa anual de coproducións do Centro Coreográfico Galego. Disponse para este fin dun orzamento máximo de 54.000 euros, establecéndose un límite de 18.000 euros por proxecto.
[22/04/2022] Galicia será a comunidade autónoma convidada de honra na 45 edición do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro (Ciudad Real), segundo anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nunha rolda de prensa na que tamén participaron o director do evento, Ignacio García; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, o director do Centro Dramático Galego (CDG), Fran Núñez, e o presidente da asociación Escena Galega, Santiago Cortegoso.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 Ver novas anteriores