AGADIC

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e TurismoAGADIC

Noticias

O RECITAL, DE ENTRADA LIBRE, DARÁ COMEZO ÁS 21.00 H E NEL SOARÁN A "SINFONÍA Nº 40" DE MOZART E O "KINDER-TOTENLIEDER" DE GUSTAV MAHLER

O mestre Maximino Zumalave dirixe a Orquestra da EAEM no concerto que ofrece mañá en Santiago Documento anexo

[12/03/2010] O mestre compostelán Maximino Zumalave dirixirá a Orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais no concerto que ofrecerá mañá sábado día 13, ás 21.00 horas, no auditorio da súa sede en Santiago de Compostela. Nesta actuación, do mesmo xeito que nas celebradas onte no Teatro Coliseo Noela de Noia e hoxe no Edificio Multiúsos de Monforte de Lemos, os alumnos interpretarán a Sinfonía nº 40 de Mozart e o Kinder-Totenlieder de Gustav Mahler.

A OBRA QUE MARCOU A ENTRADA DO DRAMATURGO FRANCÉS NO CHAMADO TEATRO DO ABSURDO REPRESENTARASE O SÁBADO 13 ÁS 20.30 HORAS E O DOMINGO 14 ÁS 18.00 H

Sala Muntaner ofrece no Salón Teatro dúas funcións de "Las criadas" de Genet con dirección de Manel Dueso Documento anexo

[11/03/2010] O Salón Teatro de Santiago recibe esta fin de semana á compañía catalá Sala Muntaner, que ofrecerá dúas funcións (sábado 13 ás 20.30 horas e o domingo 14 ás 18.00 h) do seu espectáculo Genet-Las criadas, realizado a partir da obra de Jean Genet que marcou a entrada do novelista, poeta e dramaturgo francés no chamado "teatro do absurdo". Con dirección escénica de Manel Dueso, e seguindo unha indicación do propio autor, os tres personaxes femininos son representados por homes, para potenciar así o xogo teatral.

O CUARTETO DE POST-ROCK TOCARÁ O VINDEIRO XOVES 11 A PARTIR DAS 22.00 H DESPOIS DE ESGOTAR EN DOUS DÍAS AS ENTRADAS RESERVADAS PARA A VENDA ANTICIPADA

O grupo xaponés Mono encherá o Salón Teatro no primeiro concerto da nova edición do Sinsal en Santiago Documento anexo

[09/03/2010] A banda xaponesa de rock Mono inaugurará unha nova edición da extensión do Festival Sinsal en Santiago co concerto que ofrecerá no Salón Teatro o vindeiro xoves 11 de marzo, a partir das 22.00 horas, despois de esgotar en apenas dous días todas as entradas dispoñibles para a venda anticipada. A actuación do cuarteto -inserida dentro da xira internacional de presentación do seu quinto e último traballo discográfico, Hymn To The Inmortal Wind- estará precedida da de Joe McPhee & Chris Corsano como artistas convidados. Saxofonista e percusionista, respectivamente, estes dous músicos asinan unha das colaboracións máis aplaudidas do free-jazz contemporáneo.

A OBRA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO SUBE POR PRIMEIRA VEZ AOS ESCENARIOS DIRIXIDA POR XÚLIO LAGO E INTERPRETADA POR UN ELENCO DE 14 RECOÑECIDOS ACTORES E ACTRICES

O Centro Dramático Galego continúa a xira do espectáculo "As actas escuras" cunha función en Tui Documento anexo

[04/03/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta mañá venres 5 de marzo, ás 21.30 h, no Teatro Municipal Área Panorámica de Tui As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño recuperada para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. Esta primeira posta en escena do texto gañador do Premio Xacobeo de Textos Teatrais en 1992 supón todo un fito no actual panorama escénico galego, achegando finalmente aos espectadores un gran drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo.

A MONTAXE COA QUE A COMPAÑÍA GALEGA CONMEMORA O SEU VIXÉSIMO QUINTO ANIVERSARIO REPRESENTARASE O XOVES 4, VENRES 5 E SÁBADO 6, ÁS 20.30 H, E O DOMINGO 7, ÁS 18.00

Teatro do Atlántico ofrece esta semana no Salón Teatro catro funcións de "O xogo de Yalta. Afterplay" Documento anexo

[02/03/2010] O Salón Teatro de Santiago acolle esta semana O xogo de Yalta. Afterplay, a última produción de Teatro do Atlántico que reúne nun único espectáculo dúas pezas do dramaturgo irlandés Brian Friel e coa que a compañía galega celebra os seus 25 anos de traxectoria artística. Con dirección escénica de Xúlio Lago, o cuarteto interpretativo que compoñen Victoria Pérez, Damián Contreras, Gonzalo M. Uriarte e María Barcala ofrecerá catro funcións desta montaxe o xoves 4, venres 5 e sábado 6, ás 20.30 horas, e o domingo 7, ás 18.00 horas.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: