Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

CONFÍRMASE COMO GALARDÓN DE REFERENCIA PARA A LITERATURA DRAMÁTICA EN GALEGO, ASÍ COMO O DE MÁIS LONGA TRAXECTORIA NESTE ÁMBITO

O Premio Álvaro Cunqueiro chega á súa vixésima edición coa convocatoria 2011 publicada pola Agadic Documento anexo

[04/03/2011] O Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais alcanza este ano a súa vixésima edición, consolidándose como galardón de referencia para a dramaturxia galega, así como o de máis longa traxectoria neste ámbito literario en Galicia. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acaba de facer pública a súa convocatoria de 2011, xunto coa do VI Manuel María de Literatura Dramática Infantil e o IX Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques (modalidades de público infantil e adulto), para os que mantén aberto o período de admisión de orixinais até o 3 de xuño.

A NOVA EDICIÓN DA FEIRA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS FARASE EN PONTEVEDRA NO ÚLTIMO TRISMESTRE DE 2011

Juan Carlos F. Fasero compromete o apoio da Agadic á edición de 2011 do Culturgal Documento anexo

[03/03/2011] O director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), Juan Carlos F. Fasero, comprometeu o patrocinio da entidade a Culturgal 2011, a feira das industrias culturais que se celebrará dentro do último trimestre do ano na cidade de Pontevedra. Así foi anunciado hoxe na presentación da memoria de 2010 do evento, acto que contou tamén coa presencia de Xulio Amigo, presidente da Asociación Culturgal; Lola Dopico, concelleira de Cultura de Pontevedra; e Cristina Rubal, subdirectora da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

CARLOS SANTIAGO DIRIXE ESTA VERSIÓN DA OBRA DE OSCAR WILDE, NA QUE A ACCIÓN SE SITÚA NUN CONTEXTO ACTUAL PARA OFRECER UNHA LECTURA MÁIS SATÍRICA E POLÍTICA

O Centro Dramático Galego leva "Salomé" á Coruña cunha función no Teatro Rosalía Documento anexo

[03/03/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) continúa na Coruña a xira do seu espectáculo Salomé, adaptación da obra de Oscar Wilde dirixida por Carlos Santiago. O Teatro Rosalía Castro ofrecerá mañá venres 4, ás 20.30 horas, un único pase desta montaxe a través da que a compañía pública traslada a acción a un contexto actual para ofrecer unha lectura máis política e actual do texto do gran dramaturgo irlandés.

TRÁTASE DUN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN E LABORATORIO TEATRAL SOBRE A CÉLEBRE TRAXEDIA DE WILLIAM SHAKESPEARE CON TEXTOS ADAPTADOS POR ALFREDO CONDE

O actor Alfredo Padilla estrea no Salón Teatro unha versión moderna e actual de "Hamlet" dirixida por Jorge Rey Documento anexo

[02/03/2011] A compañía Ainternacional estrea esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago de Compostela a súa última produción, Hamlet, un traballo de investigación e laboratorio teatral sobre a célebre traxedia de William Shakespeare. Alfredo Padilla, actor especializado en teatro shakesperiano pola Royal Academy of Dramatic Art (RADA) de Londres, personifica nesta renovada versión a un príncipe de Dinamarca moderno e actual, cuxa loita interior entre o "ser ou non ser" poderá verse este sábado 5 ás 20.30 horas e domingo 6 ás 18.00, dentro da programación do Centro Dramático Galego (CDG) para o Salón Teatro.

O ESPECTÁCULO ADAPTA Á CULTURA XITANA O TEXTO DE GARCÍA LORCA, QUE PROTAGONIZAN NOVE ACTRICES NON PROFESIONAIS PROCEDENTES DO FAMOSO POBOADO CHABOLISTA DE SEVILLA

Mulleres do asentamento El Vacie escenifican no Salón Teatro "La casa de Bernarda Alba", unha versión caló da traxedia lorquiana

[01/03/2011] Un grupo de nove mulleres de etnia xitana do asentamento chabolista máis antigo de Europa, o barrio sevillano de El Vacie, escenificarán o venres 4 no Salón Teatro La casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca, nunha versión dirixida por Pepa Gamboa e producida pola compañía Atalaya que chega a Santiago precedida dun gran éxito de crítica e público. Esta única función terá lugar ás 20.30 horas.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: