AGADIC

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e TurismoAGADIC

Noticias

A VERSIÓN DA OBRA DE OSCAR WILDE FOI VISTA NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO POR 2.430 ESPECTADORES

O CDG inicia en Vigo a xira que levará o espectáculo "Salomé" a 14 escenarios galegos e portugueses Documento anexo

[02/01/2011] O Centro Dramático Galego inicia o vindeiro sábado 8 de xaneiro en Vigo o período de distribución da súa última montaxe, Salomé, dirixida por Carlos Santiago a partir da obra de Oscar Wilde. Tralo éxito de público obtido durante a súa exhibición no Salón Teatro de Santiago, onde congregou un total de 2.430 espectadores nas 17 funcións desenvolvidas, o espectáculo recalará no Centro Cultural Novacaixagalicia (sábado 8 de xaneiro ás 20.30 h) como primeira parada dunha xira que se estenderá ata finais de marzo e durante a que visitará un total de catorce escenarios (once galegos e tres portugueses).

A PROFESORA FERROLÁ É PRIMEIRA BAILARINA DO BALLET DA ÓPERA DE NIZA DESDE 2004

O CCG abre o seu programa formativo 2011 con tres clases maxistrais a cargo da bailarina Paula de Castro

[28/12/2010] A profesora ferrolá Paula de Castro, primeira bailarina do Ballet da Ópera de Niza dende 2004, impartirá tres master class de danza clásica na sede do Centro Coreográfico Galego (CCG) na Coruña, coas que dará comezo o programa formativo da unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) para 2011. Tras estas clases, que se desenvolverán do 3 ao 5 de xaneiro en horario de 9.30 a 11.00 horas, o plan docente para o primeiro cuadrimestre do ano continuará con diferentes obradoiros sobre expresión corporal, ensinanza da danza contemporánea e técnicas Limón-Release, Vaganova e Graham, entre outras temáticas.

O DOCUMENTO, ELABORADO POLA ASOCIACIÓN GALEGA DE MÚSICOS AO VIVO, INCIDE NOS DEREITOS E OBRIGAS DE INTÉRPRETES E EMPRESARIOS

A Agadic publica un manual de boas prácticas como guía laboral e fiscal na contratación de concertos Documento anexo

[27/12/2010] O sector musical galego dá un novo paso na súa crecente profesionalización coa publicación do Manual de boas prácticas, unha guía para a xestión laboral e fiscal na contratación de concertos que acaba de ser editada pola Asociación Galega de Músicos ao Vivo co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo e da Sociedad de Gestión de Artistas, Intérpretes o Ejecutantes (AIE).

ORGANIZADA POLO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, DESENVOLVERASE DO 26 AO 30 DE DECEMBRO COA PARTICIPACIÓN DE CINCO COMPAÑÍAS GALEGAS

O Salón Teatro pecha a súa programación anual coa Mostra de Teatro Infantil de Nadal Documento anexo

[22/12/2010] O Salón Teatro de Santiago despide a súa programación de 2010 cunha nova edición da Mostra de Teatro Infantil de Nadal, que ofrecerá do 26 ao 30 de decembro cinco espectáculos de teatro actor, clown e monicreques, especialmente pensados para os máis pequenos. Organizada polo Centro Dramático Galego (CDG) ininterrumpidamente desde o ano 2000 e sempre nas mesmas datas, nesta décima edición participan os grupos galegos Limiar Teatro, coa coprodución Os 4 da Xunqueira (na imaxe); Berrobambán, con Bicharada; Tanxarina Títeres, con Trogloditas; Títeres Trompicallo, con O día que chegou un nube e choveu; e Panamesiana Teatro, con Oh, que bonito é Panamá!.

ÁS 12.00 HORAS NA SEDE DO CCG NO COMPLEXO DEPORTIVO DE ELVIÑA DA CORUÑA

O Centro Coreográfico ofrece mañá un ensaio aberto do proxecto "Branco" de Amparo Novas

[21/12/2010] A coreógrafa e bailarina Amparo Novas, artista seleccionada polo programa de investigación coreográfica do Centro Coreográfico Galego (CCG) co seu proxecto Branco, ofrecerá mañá unha mostra desta proposta a través dun ensaio aberto ao público e profesionais interesados. A cita terá lugar a partir das 12.00 horas na sede do CCG no Complexo Deportivo de Elviña da Coruña.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: