AGADIC

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e TurismoAGADIC

Noticias

RECIBÍRONSE MÁIS DUN CENTENAR DE SOLICITUDES PROCEDENTES DE 10 PAÍSES

Un total de 65 bailaríns participan nas audicións para a próxima produción do Centro Coreográfico Galego Documento anexo

[15/01/2011] O Centro Coreográfico Galego (CCG) convocou un total de 65 bailaríns e bailarinas para participar nas audicións que celebrará na Coruña o luns 17 e o martes 18 de xaneiro co obxectivo de seleccionar o elenco da súa próxima produción, un espectáculo que integrará tres creacións coreográficas a cargo doutros tantos directores artísticos. As probas celebraranse o luns 17 e o martes 18 na sede que a unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) ten no Complexo Deportivo de Elviña, na Coruña.

A ACTUACIÓN TERÁ LUGAR O MARTES 18, ÁS 21.30 HORAS, DENTRO DO CICLO ST MÚSICA PRESENTE

O Salón Teatro acolle o concerto de presentación de "Zigurat", novo traballo discográfico de Abe Rábade Trío Documento anexo

[14/01/2011] O Salón Teatro de Santiago abre unha nova entrega do ciclo ST Música Presente co concerto que o trío do pianista Abe Rábade, acompañado da súa sección rítmica habitual, ofrecerá o vindeiro martes día 18 ás 21.30 horas. Xunto ao portugués Bruno Pedroso á batería e ao contrabaixista vasco Pablo Martín, o jazzista compostelán presentará o seu último traballo discográfico, Zigurat, ademais de repasar o mellor do seu repertorio para trío.

OFRECERÁ DÚAS FUNCIÓNS MAÑÁ VENRES 14 E O SÁBADO 15 ÁS 20.30 HORAS

A Companhia de Teatro de Braga chega ao Salón Teatro de Santiago co monólogo sen texto "Concerto à la carte" Documento anexo

[13/01/2011] O Salón Teatro de Santiago recibe á Companhia de Teatro de Braga co espectáculo Concerto "à la carte", produción número cen da formación portuguesa que se representa mañá venres 14 e o sábado 15, ás 20.30 h, froito dun acordo de intercambio co Centro Dramático Galego. Con dirección de Rui Madeira a partir da obra do dramaturgo alemán Franz Xaver Kroetz, este "monólogo sen texto" aborda a soidade dunha muller entregada á depresión e á obsesión polas cousas ordenadas.

O CONSELLEIRO DE CULTURA ANUNCIOU QUE OS ENSAIOS DESTA VERSIÓN DA OBRA DE BERTOLT BRECHT DARÁN COMEZO EN ABRIL PARA A SÚA ESTREA NO MES DE XUÑO

O Centro Dramático Galego producirá o musical "A ópera dos tres reás" baixo a dirección escénica de Quico Cadaval e con Luis Tosar como protagonista Documento anexo

[12/01/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) levará ás táboas en xuño A ópera dos tres reás, a partir da famosa obra de Bertolt Brecht, para o que contará con Quico Cadaval na dirección escénica e co actor Luis Tosar no papel protagonista. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, anunciou hoxe a que será a segunda produción propia da compañía pública para a temporada 2010-2011, un espectáculo de gran formato que materializa a aposta da directora do CDG, Blanca Cendán, polo teatro musical.

A ENTIDADE DA CONSELLERÍA DE CULTURA DESTINA MÁIS DE 613.000 € AOS PROGRAMAS SEMESTRAIS DE AMBOS CIRCUÍTOS, QUE COFINANCIA COAS ENTIDADES XESTORAS DOS ESPAZOS

A Agadic promove 529 funcións ata xuño a través das súas redes de teatros e auditorios e de salas escénicas Documento anexo

[04/01/2011] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) promoverá durante o primeiro semestre de 2011 un total de 529 funcións de teatro, danza, novo circo, maxia e música a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) e da Rede Galega de Salas (RGS), dous dos circuítos de distribución de espectáculos que a entidade da Consellería de Cultura e Turismo organiza xunto aos concellos e entidades xestoras dos espazos asociados.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: