Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

A AGADIC COLABORA COA RADIO GALEGA, ORGANIZADORA DESTE CONCURSO DE CANCIÓNS, NA PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DOS VENCEDORES DA EDICIÓN DE 2010

A Rede Galega de Música ao Vivo acolle as xiras de Pablo Costas e Gustavo Almeida como gañadores de "Vas Sacar Nota" Documento anexo

[04/05/2011] Os cantantes e compositores Pablo Costas (na imaxe) e Gustavo Almeida inician as súas respectivas xiras dentro da Rede Galega de Música ao Vivo, circuíto promovido pola Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), como gañadores dos premios do xurado e do público do concurso de cancións Vas Sacar Nota. A entidade da Consellería de Cultura e Turismo colabora deste xeito coa Radio Galega, organizadora do certame, na promoción e difusión dos vencedores da edición de 2010 a través dun total de 12 actuacións en salas de toda Galicia.

A MONTAXE DIRIXIDA POR ARTURO LÓPEZ PODERÁ VERSE O XOVES 5 E O VENRES 6 ÁS 20.30H

Espello Cóncavo escenifica no Salón Teatro a peza "Limpeza de sangue", escrita por Rubén Ruibal Documento anexo

[03/05/2011] A compañía coruñesa Espello Cóncavo pon sobre as táboas do Salón Teatro de Santiago Limpeza de sangue (o sangue fai ruído), unha das pezas máis galardoadas da nova dramaturxia galega, da que é autor Rubén Ruibal. A forza narrativa do texto, un inxente traballo actoral e unha escenografía moi influenciada polo cinema caracterizan esta montaxe dirixida por Arturo López, que poderá verse no escenario do Centro Dramático Galego (CDG) este xoves día 5 e o venres día 6 ás 20.30 horas.

JOSÉ MANUEL PACHO BLANCO RECIBIRÁ O GALARDÓN NUN ESPAZO RADIOESCÉNICO CONDUCIDO POR ANA ROMANÍ E CON DIRECCIÓN ARTÍSTICA DE ANA VALLÉS

O acto de entrega do V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico abre a carteleira de maio do Salón Teatro Documento anexo

[02/05/2011] O acto de entrega da quinta edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico inicia mañá a programación do mes de maio do Salón Teatro de Santiago de Compostela como primeira cita dunha variada carteleira que acollerá tamén as últimas propostas escénicas das compañías galegas Espello Cóncavo e Redrum Teatro, o espectáculo multidisciplinar Mundo Lois, a proxección de varias curtas dentro do festival Curtocircuíto e o inicio da Mostra Internacional de Teatro Universitario.

O CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO CONTRIBÚE Á CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA DANZA CUNHA PROGRAMACIÓN ESPECIAL QUE DESENVOLVE ATA MAÑÁ SÁBADO EN SANTIAGO

A Mostra de Danza pecha a súa primeira edición con 10 propostas tradicionais, contemporáneas e de integración Documento anexo

[29/04/2011] A I Mostra de Danza de Galicia, que se desenvolve dende o pasado martes en Santiago de Compostela, chega mañá ao seu fin cunha intensa xornada durante a que se exhibirán un total de 10 propostas coreográficas a cargo doutras tantas formacións de danza tradicional, contemporánea e de integración. Finaliza así esta programación especial, deseñada polo Centro Coreográfico Galego (CCG) como achega ás celebracións do Día Mundial da Danza, que se conmemora hoxe, e co obxectivo de facilitar unha perspectiva das diferentes liñas de traballo dentro da escena coreográfica galega.

A INICIATIVA INSÍRESE NO IV CICLO DE MASTER CLASS DE MÚSICA TRADICIONAL QUE ORGANIZA A AGADIC

Duncan Chisholm e Sebastián Rubio imparten en San Simón senllos cursos sobre violín escocés e caixón flamenco Documento anexo

[26/04/2011] O violinista Duncan Chisholm e o percusionista Sebastián Rubio serán os mestres encargados de abrir mañá na illa de San Simón o IV ciclo de Master Class de Música Tradicional, coa impartición durante dous días de senllos cursos dedicados a distintos contidos teóricos e prácticos sobre o violín escocés e o caixón flamenco. Unha decena de alumnos participarán nesta iniciativa, que organiza a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo como complemento formativo dedicado especialmente a aspectos ou instrumentos moi concretos dentro do amplo abano da música tradicional de todas as procedencias.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303  304  305 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: