[03/03/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) continúa na Coruña a xira do seu espectáculo Salomé, adaptación da obra de Oscar Wilde dirixida por Carlos Santiago. O Teatro Rosalía Castro ofrecerá mañá venres 4, ás 20.30 horas, un único pase desta montaxe a través da que a compañía pública traslada a acción a un contexto actual para ofrecer unha lectura máis política e actual do texto do gran dramaturgo irlandés.
[02/03/2011] A compañía Ainternacional estrea esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago de Compostela a súa última produción, Hamlet, un traballo de investigación e laboratorio teatral sobre a célebre traxedia de William Shakespeare. Alfredo Padilla, actor especializado en teatro shakesperiano pola Royal Academy of Dramatic Art (RADA) de Londres, personifica nesta renovada versión a un príncipe de Dinamarca moderno e actual, cuxa loita interior entre o "ser ou non ser" poderá verse este sábado 5 ás 20.30 horas e domingo 6 ás 18.00, dentro da programación do Centro Dramático Galego (CDG) para o Salón Teatro.
[01/03/2011] Un grupo de nove mulleres de etnia xitana do asentamento chabolista máis antigo de Europa, o barrio sevillano de El Vacie, escenificarán o venres 4 no Salón Teatro La casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca, nunha versión dirixida por Pepa Gamboa e producida pola compañía Atalaya que chega a Santiago precedida dun gran éxito de crítica e público. Esta única función terá lugar ás 20.30 horas.
[28/02/2011] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) colabora coa organización do Primavera Sound cara á celebración de seis showcases de bandas galegas dentro do PrimaveraPro, a área para profesionais do festival que se celebra a finais de maio en Barcelona. Esta iniciativa suporá, ademais, a primeira participación conxunta da música galega nesta cita de referencia internacional dentro do panorama alternativo e independente.
[24/02/2011] A compañía portuguesa Teatro Oficina viaxa esta fin de semana a Santiago de Compostela para representar no Salón Teatro o seu espectáculo Rua Gagarin, obra do dramaturgo escocés Gregory Burke. A formación de Guimarães ofrecerá unha función o sábado 26, ás 20.30 horas, desta comedia negra chea de crueza e realismo, que serve de pretexto para abordar o problema da crise xeral, económica, ideolóxica e de valores, así como a desesperación dun día a día que non funciona.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 Ver novas anteriores