Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

ACTUARÁ MAÑÁ XOVES, ÁS 20.30 HORAS, NO TEATRO DE MADRID

O Centro Coreográfico Galego abre en Madrid o ciclo Cartografías de la Danza con "Etheria, a viaxe soñada" Documento anexo

[23/02/2011] O Centro Coreográfico Galego (CCG) viaxa a Madrid onde mañá xoves abrirá a programación do ciclo Cartografía de la Danza co seu espectáculo Etheria, a viaxe soñada. A unidade de danza da Agadic presentará ás 20.30 h no Teatro de Madrid, espazo especializado na exhibición coreográfica, esta peza creada e dirixida por Mercedes Suárez que une danza e videocreación para se achegar á historia da muller que puido ser a primeira peregrina galega.

A AGADIC EDITA AMBAS REVISTAS PARA A DIFUSIÓN DA ACTIVIDADE DOS SEUS CIRCUÍTOS DE DISTRIBUCIÓN DE ESPECTÁCULOS E A PROMOCIÓN DA ESCENA E A MÚSICA FEITAS EN GALICIA

Sólodos e Holywater protagonizan as portadas das novas entregas de "Paraíso" e "Ao vivo música" Documento anexo

[23/02/2011] A compañía de danza Sólodos e a banda de rock Holywater protagonizan respectivamente as portadas dos novos números das revistas Paraíso e Ao vivo música, editadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para a difusión da actividade dos seus tres circuítos de distribución de espectáculos e para a promoción da escena e a música feitas en Galicia.

AS PROBAS DESENVÓLVENSE ATA O XOVES NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO E CONTINUARÁN O VENRES E SÁBADO NA SALA ROBERTO VIDAL BOLAÑO DO CAMPUS SUR

O CDG fai audicións a 90 actores-cantantes para seleccionar o elenco de "A ópera dos tres reás"

[22/02/2011] Un total de 90 intérpretes participan dende hoxe nas audicións que desenvolve en Santiago o Centro Dramático Galego co fin de seleccionar os cinco actores-cantantes e as cinco actrices-cantantes que, xunto con Luis Tosar no papel protagonista, porán en escena o musical A ópera dos tres reás, versión da famosa obra de Bertolt Brecht e Kurt Weill que a compañía pública estreará a finais de xuño.

O TEATRO PRINCIPAL ACOLLE DÚAS FUNCIÓNS, MAÑÁ MARTES ÁS 21.00 H E O MÉRCORES 23 ÁS 12.00

"Salomé" represéntase en Pontevedra dentro da programación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil Documento anexo

[21/02/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) preséntase a partir de mañá en Pontevedra con motivo da xira galega que está a desenvolver co seu espectáculo Salomé, adaptación da obra de Oscar Wilde dirixida por Carlos Santiago. A última montaxe da compañía pública, que afonda na visión do poder como forza invariable e amosa outra interpretación do texto cunha lectura máis política e actual, poderá verse no Teatro Principal mañá martes 22, ás 21.00 horas, e o mércores 23, ás 12.00 horas (función concertada para escolares), como parte da programación do 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil.

O COPATROCINIO POSIBILITA CONCERTOS FÓRA DE GALICIA DE TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO, SOM DO GALPOM, BELLÓN MACEIRAS E NIÑO Y PISTOLA

A Agadic colabora co circuíto "AIEnRUTa-Artistas" da AIE para potenciar a música en directo en todo o territorio nacional Documento anexo

[20/02/2011] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) colabora en calidade de copatrocinadora co circuíto "AIEnRUTa-Artistas" que organiza a Asociación Española de Artistas, Intérpretes o Ejecutantes (AIE) para a potenciación da música en directo en todo o territorio nacional. Con máis de 15 anos de antigüidade, este programa funciona mediante a adhesión das salas de concertos de titularidade privada interesadas, que se agrupan en cinco áreas xeográficas e nas que se desenvolven os calendarios de actuacións trimestrais baixo a premisa da presentación de artistas de todos os estilos en destinos sempre distintos aos da súa procedencia.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: