Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

A AGADIC OFRECEU UNHA RECEPCIÓN A AXENTES INTERNACIONAIS NA ÁREA PROFESIONAL DO MACROFESTIVAL BARCELONÉS

Os concertos de Colectivooruga e Eladio y Los Seres Queridos abriron o Primavera Sound 2011 ao potencial da música galega Documento anexo

[27/05/2011] Os grupos Colectivooruga e Eladio y Los Seres Queridos (na imaxe) abriron esta noite cos seus concertos a participación máis ampla da música galega no festival Primavera Sound de Barcelona, como primeira entrega dunha carteleira que completan Nouvelle Cuisine, Maryland, Igloo e Disco Las Palmeras!, ademais de Triángulo de Amor Bizarro. A delegación artística e empresarial desprazada desde Galicia comezou o seu intenso programa de actividades neste macrofestival no que, ademais das actuacións das bandas galegas seleccionadas, estanse a establecer novos contactos e a intensificar relacións con axentes musicais nacionais e internacionais no marco da área PrimaveraPro.

INCORPÓRASE UN APARTADO PARA SALAS DE MÚSICA AO VIVO, MENTRES QUE O APOIO ÁS COMPAÑÍAS RESIDENTES E AO ASOCIACIONISMO PROFESIONAL MATERIALIZARASE MEDIANTE CONVENIOS

A Agadic convoca as axudas ás industrias culturais 2011 por un importe total de 1.370.000 euros Documento anexo

[24/05/2011] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo publicou hoxe a súa convocatoria de subvencións ás industrias culturais galegas para 2011, á que destina un importe global máximo de 1.370.000 euros que serán distribuídos entre seis modalidades de apoio ao sector: actividade escénica, programa Crédito-Cultura, promoción e difusión de traballos discográficos, distribución, programación das salas privadas de exhibición escénica e mellora técnica de estudios de gravación e salas de música ao vivo.

O CONSELLEIRO DE CULTURA E TURISMO PRESENTOU A APERTURA EN COMPOSTELA DESTA MOSTRA ITINERANTE PROMOVIDA POLA XUNTA DE GALICIA, A FUNDACIÓN PENZOL E A EDITORIAL GALAXIA

A Casa da Parra acolle a exposición "No niño novo do vento", que conmemora o centenario de Cunqueiro Documento anexo

[23/05/2011] A Casa da Parra de Santiago de Compostela acolle ata o vindeiro 26 de xuño a exposición itinerante No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro 1911-2011, coa que se conmemora o centenario do nacemento do escritor mindoniense mediante a mostra de todo tipo de fondos documentais, obxectos persoais, manuscritos e primeiras edicións das súas principais obras. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presidiu hoxe a presentación desta iniciativa que promoven a Xunta de Galicia, a Fundación Penzol e a Editorial Galaxia baixo o comisariado de María García Liñeira e Víctor F. Freixanes. Ao acto asistiron ademais o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; o director xeral da Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes; e o representante da Fundación Penzol, Henrique Monteagudo.

OS INTEGRANTES DA BANDA, EMBAIXADORA DO ANO DA MÚSICA DE GALICIA, FAN BALANCE DA SÚA TRAXECTORIA E FALAN DOS SEUS PRÓXIMOS PROXECTOS

A revista Ao Vivo Música dedica a portada do seu novo número ao décimo quinto aniversario de Berrogüetto Documento anexo

[23/05/2011] A música folk volve ocupar a portada da revista Ao Vivo Música, que dedica a reportaxe central do seu número 9 ao grupo Berrogüetto co gallo da celebración do seu décimo quinto aniversario. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acaba de editar esta nova entrega da publicación, que distribúe de xeito gratuíto a través das salas asociadas á Rede Galega de Música ao Vivo co obxectivo de difundir a actividade deste circuíto, así como de promover os grupos e intérpretes galegos de diferentes estilos.

COLECTIVOORUGA, DISCO LAS PALMERAS!, ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS, IGLOO, MARYLAND E NOUVELLE CUISINE FORMAN PARTE DA DELEGACIÓN ARTÍSTICA E EMPRESARIAL APOIADA POLA AGADIC

Os grupos galegos protagonizarán unha decena de concertos e accións promocionais no Primavera Sound Documento anexo

[22/05/2011] A música galega estará amplamente representada no festival Primavera Sound, unha das principais citas do panorama independente a nivel internacional, a través dunha delegación artística e empresarial que viaxará a vindeira semana a Barcelona grazas ao acordo subscrito entre a organización do encontro e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), en colaboración coa Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM).

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: