AGADIC

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e TurismoAGADIC

Noticias

ORGANIZADOS POLA AGADIC, AMBOS ENCONTROS DESENVOLVERANSE MAÑÁ E O XOVES NA SEDE DA ESCOLA DE ALTOS ESTUDOS MUSICAIS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Un total de 23 alumnos asisten aos cursos de Eliseo Parra e David Mayoral que abren o novo ciclo de Master Class de Música Tradicional da Agadic Documento anexo

[25/05/2010] Os mestres Eliseo Parra e David Mayoral (na imaxe) inauguran mañá o segundo ciclo de Master Class de Música Tradicional da Agadic (Axencia Galega das Industrais Culturais) con senllos cursos de percusión aos que asistirán un total de 23 alumnos. Baixo os títulos "A necesidade de cantar" e "Percusións do Mediterráneo", respectivamente, ambos encontros desenvolveranse ata o vindeiro xoves día 27 na sede da Escola de Altos Estudos Musicais en Santiago de Compostela.

A AGADIC ABRE ATA O 7 DE XUÑO O PRAZO DE INSCRICIÓN DE PROPOSTAS GALEGAS

A Feira Galega das Artes Escénicas 2010 celebrarase do 18 ao 21 de outubro con 21 espectáculos Documento anexo

[24/05/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) prepara a décimo oitava edición da Feira Galega das Artes Escénicas, que se celebrará do 18 ao 21 de outubro nun total de seis espazos de Santiago de Compostela e presentará un cartel artístico de 21 espectáculos de teatro e danza, 18 deles a cargo de compañías galegas. Para estas últimas, a organización mantén aberto dende hoxe e ata o vindeiro 7 de xuño o prazo de recepción de propostas cara á configuración deste programa de exhibición, que se desenvolverá diante de máis dun centenar de programadores, distribuidores e outros axentes culturais de toda Galicia, así como do resto do Estado e de Portugal.

O AFORO ESTÁ LIMITADO A 80 ESPECTADORES QUE SE UBICARÁN NO ESCENARIO E DECIDIRÁN SE QUEREN CONTINUAR VENDO A REPRESENTACIÓN INICIAL OU ESCOITAR AOS ESPONTÁNEOS

O Salón Teatro acolle "La función por hacer", espectáculo revelación da actual temporada escénica Documento anexo

[20/05/2010] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin semana (sábado 22 ás 20.30 horas e domingo 23 ás 18.00) o espectáculo de Kamikaze Producciones La función por hacer, unha adaptación libre de Miguel del Arco e Aitor Tejada sobre a obra de Luigi Pirandello Seis personaxes en busca de autor. A montaxe da compañía madrileña, considerada unha das máis importantes revelacións da actual temporada a nivel estatal, desenvolve unha escenificación moi especial, ao situar en primeiro plano a interacción coas únicas 80 persoas que conforman todo o público posible en cada pase.

PATROCINA AS ACTIVIDADES INSERIDAS NA SECCIÓN "CANS NA RAIA", QUE EXPLORA AS CONEXIÓNS GALEGO-PORTUGUESAS NO AUDIOVISUAL, A MÚSICA E AS ARTES PLÁSTICAS

A Agadic apoia a través do programa CREATIVA a presenza portuguesa no Festival de Cans Documento anexo

[14/05/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) colabora coa sétima edición do Festival de Cans, que se celebra do 19 ao 22 de maio nesa aldea do Porriño (Pontevedra), promovendo a presenza nesta cita de realizadores e artistas portugueses baixo o patrocinio do proxecto CREATIVA, que a entidade da Consellería de Cultura e Turismo desenvolve xunto coa Direccão Regional de Cultura do Norte, do Ministèrio de Cultura de Portugal. O Festival de Cans incorpórase así a este programa cultural transfronteirizo, no marco do que tamén se están a apoiar outras iniciativas como o concerto Cores do Atlántico, evento musical e multimedia que terá lugar hoxe na Illa de San Simón, ou a pasada edición do Play-Doc de Tui.

DESPOIS DE 30 ANOS DE SILENCIO MUSICAL, REAPARECE ARROUPADA POR UNHA NOVA XERACIÓN DE MÚSICOS COMO DEVENDRA BANHART, JOANNA NEWSOM OU ANIMAL COLLECTIVE

A cantautora folk británica Vashti Bunyan clausura no Salón Teatro a extensión en Santiago do Festival Sinsal Documento anexo

[11/05/2010] O Festival Sinsal pecha mañá a cuarta edición da súa extensión en Santiago de Compostela co concerto que ofrecerá Vashti Bunyan a partir das 22.00 horas no Salón Teatro. Na que é a súa primeira actuación en Galicia, a cantautora folk inglesa repasará os temas que marcaron a súa particular traxectoria profesional, que retomou tras 30 anos de silencio arroupada por unha nova xeración de músicos como Devendra Banhart, Joanna Newsom ou Animal Collective, entre outros.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: