[30/06/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) inicia esta fin de semana en Ferrol a xira de A ópera dos tres reás, primeiro gran espectáculo musical da compañía pública, que sube ás táboas da man de Quico Cadaval na dirección escénica, Diego García Rodríguez na musical e con Luis Tosar no papel protagonista. Tanto o seu extenso elenco, cun total de 20 artistas en escena interpretando en directo música e cancións, como a súa ampla distribución dentro e fóra de Galicia, sitúan esta versión galega do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill entre as meirandes producións enfrontadas ata o momento pola compañía da Consellería de Cultura e Turismo.
[28/06/2011] Máis de 2.500 persoas visitaron na Casa da Parra de Santiago a exposición itinerante No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro 1911-2011, coa que se conmemora o centenario do nacemento do escritor mindoniense mediante a mostra de todo tipo de fondos documentais, obxectos persoais, manuscritos e primeiras edicións das súas principais obras. Promovida pola Xunta de Galicia, a Fundación Penzol e a Editorial Galaxia baixo o comisariado de María García Liñeira e Víctor F. Freixanes, a exposición pechou as súas portas en Compostela o domingo 26 de xuño, despois de ser vista tanto por alumnos procedentes de distintos centros de ensino como polo público xeral que se achegou á que foi a segunda etapa no percorrido desta iniciativa trala súa inauguración en Mondoñedo o pasado 15 de abril.
[27/06/2011] Dez coreógrafos de cinco países participan esta semana en Santiago e A Coruña no programa de clausura do proxecto Tour de Europa de Coreógrafos, que o Centro Coreográfico Galego (CCG) desenvolve desde o mes de setembro de 2010 xunto con outros catro centros de Alemaña, Francia, Irlanda e Polonia. Inserida no Programa de Formación Continuada da Comisión Europea, esta iniciativa celebrará as súas últimas sesións de traballo no Salón Teatro de Santiago e na sede coruñesa do CCG entre o mércores 29 e o sábado 2 de xullo, ademais de contemplar a asistencia dos creadores seleccionados a dúas das xornadas do Empape (Festival Internacional de Danza en Paisaxes Urbanas) da Coruña.
[23/06/2011] O Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela encherase esta noite con motivo da estrea de A ópera dos tres reás, espectáculo musical do Centro Dramático Galego (CDG) con Quico Cadaval na dirección escénica, Diego García Rodríguez na musical e Luis Tosar como actor protagonista. O espazo compostelán, co seu aforo dun milleiro de butacas completo, acollerá ás 21.00 horas esta primeira representación da versión galega do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill, á que asistirá o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, así como outros recoñecidos nomes da vida política e cultural galega.
[22/06/2011] A celebración do Ano da Música de Galicia estenderase a partir da vindeira semana a Madrid a través dun ciclo especial de cinco concertos de artistas e grupos galegos dentro da programación do festival Veranos de la Villa. Uxía, Cristina Pato & Rosa Cedrón, Banda Crebinsky, Ialma e Mercedes Peón actuarán entre o 30 de xuño e o 21 de xullo no novo auditorio do Espacio Conde Duque, onde se presentarán baixo o lema "Música de Galicia en Madrid" e co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 Ver novas anteriores