Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

ESTRÉASE O VENRES 14 NO TEATRO CENTRAL DE SEVILLA E VIRÁ AO SALÓN TEATRO NO MES DE DECEMBRO

O CDG colabora co Centro Andaluz de Teatro na obra de Valle-Inclán "La noche de Max Estrella" Documento anexo

[10/10/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) colabora co Centro Andaluz de Teatro (CAT) na obra La noche de Max Estrella, que se estrea este venres 14 de outubro no Teatro Central de Sevilla. A colaboración entre as dúas compañías públicas materialízase mediante a participación dos galegos Isaac Garabatos e Pilar Millán como parte do equipo artístico desta proposta escénica e dramatúrxica de Francisco Ortuño, que toma como referencia unha das obras cumio da literatura española do século XX, Luces de Bohemia, de Ramón María del Valle-Inclán.

MÁIS DE 19.700 ESPECTADORES ASISTIRON ÁS 34 REPRESENTACIÓNS OFRECIDAS EN 12 ESCENARIOS DENTRO E FÓRA DE GALICIA

"A ópera dos tres reás" remata a súa distribución como a obra máis vista da historia do Centro Dramático Galego Documento anexo

[04/10/2011] O último espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG), A ópera dos tres reás, rematou o seu período de distribución cun balance de 19.700 espectadores, polo que pasa a ser a produción máis vista da historia da compañía pública galega, despois de finalizar unha xira de tres meses de duración na que ofreceu un total de trinta e catro funcións en doce localidades, dentro e fóra de Galicia.

AS DERRADEIRAS FUNCIÓNS SERÁN O VENRES 30 DE SETEMBRO E O SÁBADO 1 DE OUTUBRO

"A ópera dos tres reás" do CDG conclúe a súa xira esta fin de semana no Pazo da Cultura de Narón Documento anexo

[28/09/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) finaliza en Narón o período de exhibición de A ópera dos tres reás, o seu primeiro espectáculo musical de gran formato, coas dúas derradeiras funcións que terán lugar no Pazo da Cultura este venres 30 de setembro, ás 20.30 horas, e o sábado 1 de outubro, ás 20.00 horas. Péchase así unha extensa xira de tres meses durante a que a versión galega do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill congregou a milleiros de espectadores ofrecendo un total de 34 funcións en 12 localidades dentro e fóra de Galicia.

O ESPECTÁCULO MUSICAL DA COMPAÑÍA PÚBLICA REPRESÉNTASE MAÑÁ DÍA 27 E O MÉRCORES 28, ÁS 20.30 HORAS, NO CENTRO CULTURAL NOVACAIXAGALICIA

'A ópera dos tres reás' ´do Centro Dramático Galego ofrece dúas funcións en Vigo na súa última semana de xira Documento anexo

[26/09/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) entra na última semana de exhibición do seu espectáculo musical A ópera dos tres reás, co que se presenta en Vigo para ofrecer dúas funcións mañá e o mércores, ás 20.30 horas, no Centro Cultural Novacaixagalicia. Esta será a penúltima parada dunha xira de tres meses, que finalizará en Narón e durante a que a versión galega do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill foi vista por máis de 17.200 espectadores noutros dez escenarios galegos e do resto de España.

A COMPAÑÍA PÚBLICA GALEGA ESGOTOU A VENDA ANTICIPADA DE ENTRADAS PARA AS REPRESENTACIÓNS DO VENRES 23 E O SÁBADO 24

'A ópera dos tres reás' chega a Ourense para ofrecer dúas funcións no Teatro Principal Documento anexo

[21/09/2011] Ourense é a próxima parada na ampla xira que o Centro Dramático Galego (CDG) está a desenvolver co seu espectáculo musical A ópera dos tres reás, que representa este venres día 23 e o sábado día 24 no Teatro Principal. Quico Cadaval, na dirección escénica, e Diego García Rodríguez, na musical, asinan a versión galega do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill, que interpreta un extenso elenco de 20 actores e músicos encabezado por Luis Tosar.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303  304  305  306  307  308 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: