Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

TRAS ESGOTARSE A VENDA ANTICIPADA DE ENTRADAS PARA TODAS AS FUNCIÓNS, AS ÚLTIMAS LOCALIDADES DISPOÑIBLES PODERÁN ADQUIRIRSE A PARTIR DE MAÑÁ NO DESPACHO DE BILLETES

O Auditorio de Galicia encherase na estrea de 'A ópera dos tres reás' do CDG Documento anexo

[23/06/2011] O Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela encherase esta noite con motivo da estrea de A ópera dos tres reás, espectáculo musical do Centro Dramático Galego (CDG) con Quico Cadaval na dirección escénica, Diego García Rodríguez na musical e Luis Tosar como actor protagonista. O espazo compostelán, co seu aforo dun milleiro de butacas completo, acollerá ás 21.00 horas esta primeira representación da versión galega do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill, á que asistirá o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, así como outros recoñecidos nomes da vida política e cultural galega.

A AGADIC PROMOVE ESTE CICLO ESPECIAL DE CINCO CONCERTOS QUE SE CELEBRARÁ DO 30 DE XUÑO AO 21 DE XULLO DENTRO DA PROGRAMACIÓN DOS VERANOS DE LA VILLA

O Ano da Música de Galicia chega a Madrid con Uxía, Cristina Pato & Rosa Cedrón, Banda Crebinsky, Ialma, e Mercedes Peón Documento anexo

[22/06/2011] A celebración do Ano da Música de Galicia estenderase a partir da vindeira semana a Madrid a través dun ciclo especial de cinco concertos de artistas e grupos galegos dentro da programación do festival Veranos de la Villa. Uxía, Cristina Pato & Rosa Cedrón, Banda Crebinsky, Ialma e Mercedes Peón actuarán entre o 30 de xuño e o 21 de xullo no novo auditorio do Espacio Conde Duque, onde se presentarán baixo o lema "Música de Galicia en Madrid" e co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo.

QUICO CADAVAL DIRIXE A VERSIÓN GALEGA DO CLÁSICO DE BERTOLT BRECHT E KURT WEILL, QUE PROTAGONIZA LUIS TOSAR NO SEU REGRESO AO CDG DESPOIS DE 15 ANOS

'A ópera dos tres reás' estréase como o primeiro gran espectáculo musical do Centro Dramático Galego Documento anexo

[21/06/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves 23 de xuño no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela o seu primeiro espectáculo musical de gran formato, A ópera dos tres reás, que sube ás táboas da man de Quico Cadaval na dirección escénica; Diego García Rodríguez na musical, e con Luis Tosar no papel protagonista. Tanto o seu extenso elenco, cun total de 20 artistas en escena interpretando en directo música e cancións, como a ampla difusión que terá fóra de Galicia, sitúan esta versión galega do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill entre as meirandes producións enfrontadas ata o momento pola compañía da Consellería de Cultura e Turismo.

A AGADIC RECIBIU OUTROS 17 ORIXINAIS PARA O VI MANUEL MARÍA DE LITERATURA DRAMÁTICA INFANTIL E 7 PARA O IX BARRIGA VERDE DE TEXTOS PARA TEATRO DE MONICREQUES

Un total de 23 obras optan ao Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais no seu vixésimo aniversario

[19/06/2011] Un total de 47 obras optan este ano aos tres premios de literatura dramática que convoca a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo. Delas, 23 son candidatas ao Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, que en 2011 alcanza a súa vixésima edición consolidado como galardón de referencia para a dramaturxia en galego. Ademais, a entidade da Consellería de Cultura e Turismo recibiu outros 17 orixinais para o VI Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil e 7 para o IX Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques (modalidades de público infantil e adulto).

SAN SIMÓN ACOLLEU O ACTO DE CLAUSURA "NA SENDA DE CREATIVA", COAS PRESENTACiÓNS DA MEMORIA DE ACTIVIDADES E A GUÍA INTERACTIVA DOS CASTROS DE GALICIA E NOROESTE DE PORTUGAL

A Agadic pecha o programa CREATIVA cun balance de máis de 50 accións de encontro cultural entre Galicia e o Norte de Portugal Documento anexo

[15/06/2011] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo pechou hoxe o programa transfronteirizo CREATIVA 2009-2011, cun balance que supera o medio centenar de accións de encontro e intercambio cultural e multidisciplinario entre Galicia e o Norte de Portugal. O director da Agadic, Juan Carlos F. Fasero, presidiu o acto de clausura que, baixo o título Na senda de Creativa, se celebrou esta tarde na Illa de San Simón e durante o que presentou a memoria de actividades deste proxecto, impulsado xunto coa Direccão Regional de Cultura do Norte do Ministério da Cultura portugués dentro do Programa Europeo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: