Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

A ESTREA DE 'MANUELA REY IS IN DA HOUSE' ABRE O VENRES O FESTIVAL DE TEATRO DE VIANA DO CASTELO

O Centro Dramático Galego afonda na conexións coas principais entidades teatrais lusas nun espectáculo sobre a figura da actriz galega Manuela Rey Documento anexo

[06/11/2023] O Centro Dramático Galego ultima a estrea en Portugal xunto ao Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana, o Teatro Nacional D. María II de Lisboa e o Teatro Nacional São João do Porto da súa próxima produción, Manuela Rey Is In Da House, nunha nova colaboración que afonda na proxección exterior da unidade teatral da Xunta de Galicia e, en concreto, nas súa estreita relación coa escena lusa. A montaxe inaugurará o vindeiro venres día 10 a sétima edición do Festival de Teatro de Viana do Castelo no Teatro Municipal Sá de Miranda, onde ofrecerá un segundo pase o sábado 11.

ESTE DOMINGO 29, ÁS 18.00 H

O Centro Dramático Galego abre o pano do Salón Teatro para 'Bailar no ceo', en coprodución con Xerpo

[26/10/2023] O Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego en Santiago de Compostela, recibe este domingo ás 18,00 h. o espectáculo Bailar no ceo, que a compañía da Xunta de Galicia coproduciu con Xerpo como proxecto gañador da súa II Bolsa de Dramaturxia e Creación. A montaxe leva a escena o texto escrito por Ana Abad de Larriva como vencedora da primeira fase desta mesma iniciativa.

DO VENRES 6 AO DOMINGO 8

O Salón Teatro acolle a estrea de 'Run Baby Run' ao abeiro do programa de coproducións do Centro Dramático Galego

[05/10/2023] O Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego en Santiago de Compostela, acolle mañá venres a estrea absoluta do espectáculo Run Baby Run, coproducido pola compañía da Xunta, o Teatro Español, Meninas Teatro e Proversus. Jana Pacheco dirixe esta obra de Fátima Delgado, que reflexiona sobre a discriminación de xénero no deporte e que poderá verse na capital de Galicia ata o vindeiro domingo como arranque dunha xira por espazos de toda España.

AS DIRECCIÓNS XERAIS DE XUVENTUDE E EMPRENDEMENTO, E A AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS PARTICIPAN NESTA NOVA INICIATIVA

A Xunta impulsará a profesionalización de grupos teatrais gañadores do programa Xuventude Crea

[26/09/2023] Ofrecerase formación e mentorizaxe para poñer en marcha unha compañía teatral. A fase de presentación de solicitudes para este programa está aberta ata o vindeiro día 2 de outubro

O SECRETARIO XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA REUNIUSE CON PARTICIPANTES NO ENCONTOR QUE TEN LUGAR EN SANTIAGO ATÉ O DÍA 24 AO ABEIRO DO PROXECTO PHONE

O Centro Dramático Galego recibe unha ducia de directores teatrais de sete países para promover a diversidade lingüística e cultural de Europa

[23/09/2023] O evento inclúe sesións de traballo arredor das oito producións que se están a desenvolver no marco desta iniciativa, das boas prácticas na dirección escénica e da preparación doutras liñas de acción conxuntas

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303  304  305  306  307  308  309  310  311  312 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: