Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

ESTA NOITE REPRESÉNTASE TAMÉN NO AUDITORIO MUNICIPAL DE MONTERROSO

O Centro Coreográfico Galego actúa mañá na praza de María Pita da Coruña con '3Dtres' Documento anexo

[17/08/2011] A praza de María Pita da Coruña acollerá mañá xoves, ás 22.00 horas, o espectáculo de danza 3Dtres, producido polo Centro Coreográfico Galego a partir das tres pezas creadas ex profeso por Tony Fabre, Ángel Rodríguez e Amaury Lebrun: Honey Moon, Dulce memoria e Magnificat, respectivamente. Ademais, hoxe mércores, a partir das 21.45 horas, os dez bailaríns e bailarinas do elenco porán en escena esta última montaxe da compañía pública no Auditorio Municipal de Monterroso.

DESENVÓLVESE DO 5 AO 9 DE SETEMBRO NA SEDE CORUÑESA DA UNIDADE DE DANZA DA AGADIC

Eva Bertomeu impartirá un taller de composición coreográfica a partir da técnica Limón Documento anexo

[15/08/2011] O Centro Coreográfico Galego acollerá do 5 ao 9 de setembro un taller de composición coreográfica baseado na técnica Limón, impartido pola bailarina, directora e creadora valenciana Eva Bertomeu, quen ofrecerá un total de 25 horas lectivas para profesionais da danza e estudantes de nivel medio e alto. O curso, para o que permanece aberto o prazo de matrícula ata o 2 de setembro, oferta un total de 25 prazas e unha clase aberta que terá lugar na última xornada.

A COMPAÑÍA PÚBLICA GALEGA ACTÚA MAÑÁ E O VENRES NUN GRAN ESCENARIO AO AIRE LIBRE CON CAPACIDADE PARA UNS 1.500 ESPECTADORES

'A ópera dos tres reás' clausura o Festival de Teatro, Música e Danza das Palmas na primeira visita do CDG ás Illas Canarias Documento anexo

[10/08/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) clausura esta semana o 15º Festival Internacional de Teatro, Música y Danza das Palmas co seu espectáculo musical A ópera dos tres reás, na que é a primeira presentación da compañía pública galega nas Illas Canarias. Un gran escenario ao aire libre, con capacidade para uns 1.500 espectadores, acollerá mañá xoves 11 e o venres 12 dúas funcións desta versión do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill, que conta con Quico Cadaval na dirección escénica, Diego García Rodríguez na musical e un extenso elenco de actores e músicos encabezado por Luis Tosar.

UNS 4.500 ESPECTADORES TERÁN ASISTIDO AO ESPECTÁCULO NO TEATRO FERNÁN GÓMEZ, QUE AMPLIOU O AFORO INICIAL DEBIDO Á GRAN DEMANDA DO PÚBLICO

'A ópera dos tres reás' do CDG logra cheo absoluto nas súas dúas semanas de funcións en Madrid Documento anexo

[31/07/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) conclúe esta noite as dúas semanas de exhibición de 'A ópera dos tres reás' no Teatro Fernán Gómez de Madrid, onde esta versión do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill está a obter un gran éxito de público, co aforo completo en todas as representacións. Arredor de 4.500 espectadores terán asistido no céntrico escenario madrileño ás nove funcións deste espectáculo musical, que a compañía da Consellería de Cultura e Turismo produciu co patrocinio de Novacaixagalicia, Fundación Cidade da Cultura e Fundación Gaiás-Cidade da Cultura, no marco da celebración do Ano da Música de Galicia.

A MONTAXE ESTARÁ DÚAS SEMANAS NO TEATRO FERNÁN GÓMEZ, ONDE INICIA A XIRA NACIONAL E ESTREA A VERSIÓN EN CASTELÁ

Roberto Varela presenta en Madrid 'A ópera dos tres reás' como "un exemplo do bo traballo que se está a facer nas artes escénicas de Galicia" Documento anexo

[19/07/2011] O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou esta mañá no Teatro Fernán Gómez de Madrid o primeiro gran espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG), ‘A ópera dos tres reás’, producida co patrocinio de Novacaixagalicia, Fundación Cidade da Cultura e Fundación Gaiás-Cidade da Cultura e inserida nas programacións do Ano da Música e de Galicia Classics. O conselleiro destacou na súa intervención como ‘A ópera dos tres reás’, que conta con Quico Cadaval na dirección escénica, Diego García Rodríguez na musical e Luis Tosar como protagonista, "é, sen dúbida, unha aposta importante para a cultura galega e exemplifica o bo traballo que se fixo nas artes escénicas da nosa Comunidade nos últimos anos".

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: