AGADIC

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e TurismoAGADIC

Noticias

A NOVA PRODUCIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA DE DANZA PRESÉNTASE ESTE SÁBADO 11 NO TEATRO COLÓN DA CORUÑA

Roberto Varela presenta "3DTres", do CCG, como a suma de talentos ao servizo dun espectáculo de "primeira magnitude" Documento anexo

[09/06/2011] O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou hoxe na Coruña o espectáculo 3DTres, a nova produción do Centro Coreográfico Galego (CCG) que se estrea o vindeiro sábado 11, ás 20.30 horas, no Teatro Colón. Os coreógrafos Tony Fabre, Ángel Rodríguez e Amaury Lebrun asinan, respectivamente, as pezas Honey Moon, Dulce memoria e Magnificat, que foron creadas ex profeso para este proxecto e dan forma -en palabras do conselleiro- a un "espectáculo de primeira magnitude, que adecúa o facer galego coas tendencias en auxe do panorama europeo".

O CONSELLEIRO DE CULTURA E TURISMO PRESENTA O CONCERTO ‘CAMELIAS PARA CUNQUEIRO’, QUE SUPÓN "UN FELIZ PUNTO DE ENCONTRO ENTRE DÚAS EFEMÉRIDES FUNDAMENTAIS PARA GALICIA, O ANO CUNQUEIRO E O ANO DA MÚSICA"

Roberto Varela invita aos galegos a "que se deixen encantar" cos poemas de Cunqueiro a través da música e voz de Amancio Prada

[08/06/2011] O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou esta mañá xunto a Amancio Prada o concerto especial Camelias para Cunqueiro, que o compositor e cantautor berciano ofrecerá o vindeiro venres día 10 de xuño no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A actuación enmárcase na programación do Ano Cunqueiro, que conmemora o centenario do nacemento do escritor, e na celebración do Ano da Música.

PODEN ADQUIRISE DE XEITO ANTICIPADO A TRAVÉS DA BILLETEIRA ELECTRÓNICA DA WEB WWW.NOVACAIXAGALICIA.ES

O Centro Dramático Galego pon á venda as entradas para as funcións de "A ópera dos tres reás" en Santiago Documento anexo

[07/06/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) acaba de habilitar a venda anticipada de entradas para as catro primeiras funcións do seu espectáculo A ópera dos tres reás, que estrea o vindeiro 23 de xuño no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Baixo a dirección escénica de Quico Cadaval e con Luis Tosar no papel protagonista, o equipo artístico entra na recta final dos ensaios desta versión da famosa obra asinada polo dramaturgo Bertolt Brecht e o compositor Kurt Weill, que a compañía da Consellería de Cultura e Turismo produce en colaboración con Novacaixagalicia e a Fundación Gaiás-Cidade da Cultura.

OS REPRESENTANTES DAS 11 EMPRESAS DO ÁMBITO ESCÉNICO, MUSICAL E AUDIOVISUAL PRESENTARON A LÓPEZ DOBARRO AS SÚAS INICIATIVAS E ANALIZARON VÍAS DE COOPERACIÓN NO CONTEXTO ARXENTINO

A representación galega no Mercado de Industrias Culturais Arxentinas (MICA) reúnese en Bos Aires co delegado da Xunta Documento anexo

[03/06/2011] O delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejando López Dobarro, reuniuse este venres cos representantes das empresas galegas do ámbito escénico, musical e audiovisual que participan estes días no Mercado de Industrias Culturais Arxentinas (MICA).

A INICIATIVA INSÍRESE NO ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE A UNIDADE DE DANZA DA AGADIC E O FESTIVAL MOZART, EN COINCIDENCIA COA ACTUACIÓN DO CORELLA BALLET NA CORUÑA

Ángel Corella ofrece mañá unha clase maxistral para 30 alumnos no Centro Coreográfico Galego Documento anexo

[03/06/2011] Un total de 30 alumnos participará mañá día 4 na clase maxistral de danza clásica que o bailarín e coreógrafo Ángel Corella impartirá na sede do Centro Coreográfico Galego (CCG) na Coruña. A sesión, que se desenvolverá a partir das 12.00 horas nas instalacións do Complexo Deportivo de Elviña, inscríbese nun acordo xeral de colaboración asinado entre a unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e o Festival Mozart da Coruña.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: