Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O TEXTO ESCRITO POR INACIO VILARIÑO FOI GALARDOADO EN 2010 CO PREMIO BARRIGA VERDE QUE OUTORGA A AGADIC

Os monicreques de luvas chegan á Mostra de Teatro Infantil de Nadal co espectáculo de Fantoches Baj "Fábula Galénica"

[28/12/2011] A compañía lalinense Fantoches Baj representa mañá xoves 29 ás 19:00 horas no Salón Teatro de Santiago o espectáculo de monicreques de luvas Fábula Galénica, penúltima proposta da Mostra de Teatro Infantil de Nadal que desenvolve o Centro Dramático Galego (CDG). A montaxe foi realizada a partir do texto do mesmo nome co que Inacio Vilariño foi galardoado en 2010 co VIII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques que outorga a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura e Turismo.

JOSÉ PREIETO DIRIXE ESTA MOSTAXE BASEADA NUNHA FÁBULA DE JORGE AMADO SOBRE A AMIZADE E A TOLERANCIA

Continúa a Mostra de Nadal con "O gato Manchado e a Andoriña Siñá" a cargo de Teatro do Morcego Documento anexo

[27/12/2011] A Mostra de Teatro Infantil de Nadal continúa mañá mércores 28 no Salón Teatro de Santiago coa posta en escena de O Gato Manchado e a Andoriña Siñá a cargo da compañía Teatro do Morcego. Organizada polo Centro Dramático Galego (CDG), a Mostra chega ao seu ecuador con esta montaxe de teatro de actor baseada nunha fábula escrita polo autor brasileiro Jorge Amado que dirixe José Prieto.

ROSA HURTADO, SANTIAGO MONTENEGRO E SIMÓN PIÑÓN INTERPRETAN A TRES LIMPADORES ENGAIOLADOS NUNHA HISTORIA QUE OS LEVA A XOGAR, MESTURAR, ENREDAR E COMPARTIR

Artello Teatro presenta con "Cinderella Mix" a súa versión do conto da Cincenta na Mostra de Teatro Infantil de Nadal Documento anexo

[26/12/2011] A Mostra de Teatro Infantil de Nadal, que organizada polo Centro Dramático Galego (CDG) se desenvolve ata o vindeiro venres 30 no Salón Teatro de Santiago, ofrecerá mañá martes 27 o espectáculo Cinderela Mix, a cargo da compañía viguesa Artello Teatro alla Scala 1:5. Escrita e interpretada por Rosa Hurtado, Simón Piñón e Santiago Montenegro, a montaxe presenta unha nova visión dunha das obras máis versionadas da historia, como é o conto da Cincenta.

ÁLVARO GUEVARA, GEMA ULLOA, CARMEN BLANCO E NACHO MARTÍN PROTAGONIZAN ESTE ESPECTÁCULO DIRIXIDO A RAPACES ENTRE 3 E 10 ANOS

A compañía coruñesa Teatro del Andamio abre mañá a carteleira da Mostra Infantil de Nadal coa montaxe "Area e Auga" Documento anexo

[25/12/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle desde mañá luns 26 e ata o venres 30 de decembro a Mostra de Teatro Infantil de Nadal, no marco da que se exhibirán cinco espectáculos escénicos especialmente dirixidos ao público máis novo. Organizado polo Centro Dramático Galego (CDG), o festival comezará ás 19.00 horas da man da compañía coruñesa Teatro del Andamio, que porá en escena a montaxe Area e Auga, obra galardoada co Premio Fetén 2008 á mellor dramaturxia.

ORGANIZADA POLO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, DESENVÓLVESE DO 26 AO 30 DE DECEMBRO

Cinco compañías galegas protagonizan o peche da programación anual do Salón Teatro coa Mostra de Teatro Infantil de Nadal Documento anexo

[23/12/2011] O Salón Teatro de Santiago despide a súa programación de 2011 cunha nova edición da Mostra de Teatro Infantil de Nadal, que ofrecerá do 26 ao 30 de decembro cinco espectáculos de teatro de actor, clown e monicreques, especialmente pensados para os espectadores máis pequenos. Organizada polo Centro Dramático Galego (CDG) desde o ano 2000 e sempre nas mesmas datas, nesta undécima edición participan os grupos galegos Teatro del Andamio, coa montaxe Area e Auga; Artello Teatro alla Scala 1:5, con Cinderela Mix; Teatro do Morcego, con O Gato Manchado e a Andoriña Siñá; Fantoches Baj, con Fábula Galénica; e Teatro do Noroeste, con Piratas.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: