[27/10/2011] A Asociación de Novo Circo e Cabaré Pistacinco presenta mañá venres 28, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago, unha única función do seu particular Cabaré de Circo, un espectáculo en formato cabaré no que unha ducia de polifacéticos artistas de novo circo desenvolverán unha sucesión de sete números que permitirá dar a coñecer ao público xeral un panorama das distintas liñas e propostas artísticas nas que traballan actualmente.
[25/10/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá mércores 26 ás 21.00 horas o primeiro dos tres concertos que compoñen o ciclo Claves líricas, no que Teo Cardalda e María Monsonís poñen música a 10 poemas de Valle-Inclán, en conmemoración do 75 aniversario do seu pasamento. A entrada para asistir ao espectáculo é gratuíta previa recollida de localidades no despacho de billetes.
[21/10/2011] O Centro Coreográfico Galego (CCG) coproducirá na presente temporada escénica 2011-2012 o espectáculo titulado Gharbo! xunto á compañía de danza Contra2. A coprodución supón a prestación, por parte da unidade da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), de asistencia artística, musical e técnica a través dun servizo de análise, asesoramento e planificación de estratexias de xestión, financiamento e comercialización.
[12/10/2011] O Centro Coreográfico Galego (CCG) continúa presentando ante o público galego o seu espectáculo 3Dtres, co que chega a Pontevedra o próximo sábado día 15 para ofrecer unha única función ás 21:00 horas no Pazo da Cultura, programada en colaboración co Concello de Pontevedra. A última produción da unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) está realizada a partir das tres pezas creadas ex profeso por Tony Fabre, Ángel Rodríguez e Amaury Lebrun, coreógrafos de recoñecida traxectoria internacional que asinan, respectivamente, Honey Moon, Dulce memoria e Magnificat.
[11/10/2011] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) abre este venres día 14 cun concerto no Salón Teatro a cargo da banda The Blows a terceira parte do ciclo de concertos "ST Música Presente", dirixido preferentemente á promoción de traballos discográficos galegos de todos os estilos diante dun público especializado. O grupo galego presentará os temas do seu novo traballo, Ejército de Fantasmas, co seu son característico de riffs de guitarra, teclados e baterías rítmicas. Unha vez máis, o Salón Teatro de Santiago será a sede deste programa de recitais, que nesta nova entrega acollerá outros tres directos protagonizados por Lobalú (2 de novembro), Fon Román (24 de novembro) e Vaamonde, Lamas & Romero (13 de decembro).
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 Ver novas anteriores