[08/04/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desenvolve esta semana a través do Centro Dramático Galego (CDG) o curso titulado A commedia dell’arte e as técnicas da comedia que o autor, actor e director italiano Massimo Malucelli impartirá no Salón Teatro. Do martes 10 ao xoves 13 de abril, un total de 15 actores e actrices galegos participarán como alumnos nesta iniciativa formativa, que gozou dunha exitosa acollida entre os profesionais aos que vai destinada, como se demostrou cando a totalidade de prazas ofertadas se cubriron no mesmo momento de apertura da matrícula o pasado 5 de marzo.
[28/03/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece no Salón Teatro de Santiago dúas funcións de La velocidad de las cosas, a última creación da bailarina e coreógrafa Mónica García no que se presenta un solo de danza contemporánea na procura material de movemento propio a través do traballo físico. As dúas representacións desenvolveranse este venres 30 e o sábado 31 ás 20.30 horas, dentro da programación de temporada do Centro Dramático Galego.
[20/03/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza o ciclo de concertos "ST Música Presente 2012" que se abre este xoves, día 22, no Salón Teatro de Santiago co folk galego do grupo Liorna. Con esta acción a Consellería, a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), promove a difusión dos traballos discográficos galegos de todos os estilos. A banda de Marín presentará a partir das 21:00 horas os temas do seu novo álbum, Sarahyba, que segue na liña folk habitual, baseada na tradición galega aínda que con pinceladas actuais.
[18/03/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria obtivo os dereitos de representación da peza titulada Jardí tancat, a primeira creación do bailarín e coreógrafo Nacho Duato, para a súa montaxe polo Centro Coreográfico Galego (CCG). Baixo a dirección artística Mercedes Suárez, a unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) incorporará esta obra á súa próxima produción como parte dun programa dobre que estreará no mes de maio.
[14/03/2012] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana tres funcións de 0,7% Molotov, a última produción da compañía Teatro de Ningures, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso. A peza, que lle valeu ao dramaturgo pontevedrés o Premio Rafael Dieste de Escrita Dramática e pola que figura como finalista aos Premios Max de Artes Escénicas na categoría de Mellor Autor Teatral en Galego e aos María Casares como Mellor Texto Orixinal, poderá verse no escenario do Centro Dramático Galego (CDG) este venres 16 e sábado 17 ás 20.30 horas; así como o domingo 18 ás 18.00 horas.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 Ver novas anteriores