[20/02/2012] O Centro Coreográfico Galego, o Institut del Teatre e o Mercat de les Flors de Barcelona acaban de editar A contracuento. La danza y las derivas del narrar, do profesor italiano Roberto Fratini, que fai o cuarto volume da súa colección Corpo de letra: danza e pensamento, pioneira no ámbito da teoría da danza contemporánea.
[15/02/2012] Inversa Teatro convida a reflexionar sobre o universo feminino na súa proposta Paper Dolls. O silencio das damas, a cuarta produción da compañía pontevedresa que poderá verse este venres 17 e o sábado 18, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A carteleira do espazo do Centro Dramático Galego (CDG) amosa nesta ocasión un proxecto peculiar e experimental, xa que consta dunha obra de teatro e máis dun documental (Paper Dolls.doc) sobre o propio proceso de creación da peza teatral e que se proxecta ao final da representación.
[09/02/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) organiza o curso "A commedia dell’arte e as técnicas da comedia" que o autor, actor e director italiano Massimo Malucelli impartirá no Salón Teatro do 10 ao 13 de abril e no que se traballará sobre a capacidade creativa do intérprete cómico. O período para a inscrición nunha das 15 prazas que se ofertan nesta iniciativa formativa permanecerá aberto dende o 5 ao 16 de marzo e o prezo da matrícula é de 50 euros.
[08/02/2012] A formación Licenciada Sotelo e Compañía, liderada pola bailarina Nuria Sotelo, trae ao Salón Teatro de Santiago o seu espectáculo Usted está aquí, no que a artista forma parella de baile con Natxo Montero baixo a dirección de Ana Vallés. A montaxe, que se representa este venres 10 e o sábado 11 ás 20.30 horas, está formulada como unha unión de baile e teatro que busca a suxestión como forma de comunicación co público.
[07/02/2012] A programación de 2012 do Salón Teatro de Santiago ábrese ao audiovisual galego coa estrea mañá mércores 8, ás 20.30 horas, da curtametraxe Conversa cunha muller morta, escrita e dirixida pola realizadora galega Sonia Méndez e interpretada por Luís Zahera e Camila Bossa. A fita conta cunha achega económica da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por un importe de 4.900 euros, adxudicada a través da convocatoria 2011 de subvencións ao desenvolvemento e promoción do talento galego audiovisual galego, no marco da que se apoiaron 18 proxectos de novos creadores cun total de 149.992 euros.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 Ver novas anteriores