[24/05/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estrea mañá no Teatro Rosalía de Castro o novo espectáculo do Centro Coreográfico Galego que, baixo o título conxunto de AÍNDA, reúne no programa as pezas Jardí Tancat, de Nacho Duato, e Aínda, de Mercedes Suárez e Amaury Lebrun. Tras esta primeira función, que dará comezo ás 20.30 h, a compañía pública de danza viaxará a Ourense para actuar o sábado 26, á mesma hora, no Teatro Principal.
[21/05/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora na celebración da décimo terceira edición da Mostra de Teatro Universitario de Galicia a través da cesión do Salón Teatro de Santiago para acoller as 10 representacións que se desenvolverán desde hoxe e ata o mércores 30 de maio como parte desta programación, organizada pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
[16/05/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria suma ao programa xeral de actividades que está a desenvolver no marco da celebración do Día das Letras Galegas 2012 a Ronda poética que a Compañía Femme Fatale despregará mañá, xoves 17 de maio, polas rúas do casco antigo de Santiago.
[15/05/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anunciou esta mañá a próxima montaxe do Centro Dramático Galego (CDG), que se enmarca na aposta polo funcionamento da compañía pública como unidade de produción de espectáculos. Trátase da obra O profesional, que se estreará o vindeiro 5 de outubro no Salón Teatro e que se realizará en coprodución coa Companhia de Teatro de Braga.
[13/05/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Radio Galega organizan o acto de entrega do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que terá lugar no Salón Teatro de Santiago o vindeiro martes 15 de maio ás 20.00 horas. O Centro Dramático Galego (CDG) encárgase da produción da gala, baixo a dirección artística de Evaristo Calvo, na que Eva F. Ferreira recollerá o premio do xurado pola obra Poema sinestésico para tres voces e un can e Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, o da audiencia por Intercom-baby.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 Ver novas anteriores