Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O TEATRO ROSALÍA CASTRO ACOLLE AS DÚAS PRIMEIRAS FUNCIÓNS DESTA PROPOSTA COREOGRÁFICA, CON MÚSICA E VOZ EN DIRECTO, NA QUE CONVIVEN TRADICIÓN GALEGA E FORMAS CONTEMPORÁNEAS

O espectáculo de danza e música ao vivo "Gharbo" da compañía Contra2 estréase mañá na Coruña co apoio do Centro Coreográfico Galego Documento anexo

[09/05/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou hoxe na Coruña na presentación da estrea de Gharbo!, espectáculo de danza, música e voz ao vivo que a compañía galega Contra2 realizou co apoio do Centro Coreográfico Galego, en réxime de coprodución. As dúas primeiras funcións desta montaxe multidisplinar e anovadora, na que a tradición galega convive con formas musicais e de movemento contemporáneas, terán lugar mañá día 10 e o venres 11, ás 20.30 horas.

O GRUPO DE JAZZ PRESENTARÁ EN DIRECTO O SEU SEGUNDO TRABALLO DISCOGRÁFICO, "THE FUTURE IS GREEN", ESTE XOVES 10 ÁS 21.00 HORAS

Cultura e Educación continúa cun concerto de Borja Cao Trío o ciclo "ST Música Presente" no Salón Teatro Documento anexo

[08/05/2012] O Salón Teatro de Santiago acolle este xoves 10, ás 21.00 horas, unha nova cita musical do programa de concertos "ST Música Presente" que organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Nesta ocasión, será o grupo Borja Cao Trío o encargado de presentar en directo o seu novo traballo discográfico The future is green, no que se mesturan sons clásicos do jazz con músicas tropicais e ritmos electrónicos.

CREADA, DIRIXIDA E INTERPRETADA POR KIRENIA MARTÍNEZ E BEATRIZ PÉREZ, ESTA COREOGRAFÍA SUBIRÁ AO ESCENARIO COMPOSTELÁN O VENRES 4 E O SÁBADO 5, ÁS 20.30 HORAS

Cultura e Educación programa no Salón Teatro dúas funcións da peza "Blondy’s Coffee" da compañía de danza Entremans Documento anexo

[02/05/2012] A programación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o mes de maio no Salón Teatro dá comezo esta semana coa posta en escena da última coreografía da compañía galega Entremans, Blondy’s Coffee, creada, dirixida e interpretada por Kirenia Martínez e Beatriz Pérez. A peza, que poderá verse en Santiago este venres 4 de maio e o sábado 5 ás 20.30 horas, reflicte o mundo absurdo que crean dúas mulleres durante o descanso para o café.

TEATRO, MÚSICA E CINE MESTÚRANSE NESTE ESPECTÁCULO, DO QUE SE OFRECEN DÚAS FUNCIÓNS DE ESTREA O SÁBADO 28, ÁS 20.30 HORAS, E O DOMINGO 29, ÁS 18.00

A Consellería de Cultura e Educación presenta no Salón Teatro o debut do Fantabuloso Cine Ambulante dos Irmáns Lumieira con "Sesión Nº 1" Documento anexo

[26/04/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago o debut escénico da compañía O Fantabuloso Cine Ambulante dos Irmáns Lumieira, con dúas funcións de estrea do seu espectáculo Sesión Nº 1 que terán lugar o sábado 28 ás 20.30 horas e o domingo 29 ás 18.00 horas.

"AÍNDA" CÉNTRASE NUNHA PEZA CREADA POR MERCEDES SUÁREZ XUNTO A AMAURY LEBRUM E COMPLÉTASE CON "JARDÍ TANCAT" DE NACHO DUATO

Cultura e Educación amosa o traballo en proceso do novo espectáculo do Centro Coreográfico na Semana da Danza de Lugo Documento anexo

[26/04/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa na Semana da Danza de Lugo cunha mostra do traballo en proceso do próximo espectáculo do Centro Coreográfico Galego, que terá lugar hoxe xoves ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire. O público do certame organizado polo Conservatorio Profesional de Danza e o Concello de Lugo será o primeiro en coñecer parte da nova proposta da compañía pública galega que, baixo o título de Aínda, será estreada o 25 de maio no Teatro Rosalía Castro da Coruña.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: