[24/10/2022] O Salón Teatro será por segundo ano consecutivo o escenario do ciclo Quintas do Camões, que dá comezo mañá baixo a organización compartida entre o Centro Dramático Galego e o Centro Cultural Portugués do Instituto Camões en Vigo. O programa deste ano volve poñer o foco nas raíces comúns dos idiomas galego e portugués, ademais de incidir no papel do teatro como espazo para o encontro cultural.
[13/10/2022] O espectáculo galego-turco Tolo chega esta fin de semana a Galicia tras a súa recente estrea no Festival Internacional de Teatro de Maltepe, en Istambul, onde acaba de ser recoñecido co premio especial do xurado. O Centro Dramático Galego e o Teatro Municipal de Maltepe coproducen esta montaxe da compañía galega Cinema Sticado e a turca Tíyatro Eksen, que poderá verse no Teatro Principal de Santiago de Compostela o domingo 16, ás 20,00 h., dentro da programación do Festival Internacional Galicreques.
[02/10/2022] A Xunta de Galicia impulsará os novos espectáculos de danza de Kirenia Martínez, Janet Novás e Paula Quintas a través de tres contratos en réxime de coprodución co Centro Coreográfico Galego. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades acaba de publicar a resolución desta convocatoria, pola cal se distribúen 54.000 euros entre as tres adxudicatarias para o desenvolvemento de cadansúa proposta escénica.
[20/09/2022] O Centro Dramático Galego, unidade teatral da Xunta de Galicia, e Ainé Producións estrearán o próximo 29 de setembro no Salón Teatro de Santiago de Compostela Recortes, caneos e outras formas de driblar, espectáculo que abordará tanto a dimensión visible como a cara oculta do mundo do fútbol. O espectáculo mestura xornalismo, deporte e teatro nunha proposta escénica que xorde dun libro aínda inédito de Nacho Carretero. Tito Asorey será o responsable de dirixir a peza, que conta coa dramaturxia de José L. Prieto.
[04/09/2022] O Centro Coreográfico Galego retoma mañá o seu programa formativo anual cun curso de baile tradicional a cargo do director, coreógrafo e bailarín Fran Sieira, que se desenvolverá ata o venres 9 na sede coruñesa da unidade de danza da Xunta de Galicia e o sábado 10 se trasladará a Ourense para unha xornada final no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 Ver novas anteriores