[03/10/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estrea este venres día 5 ás 21.00 horas no Salón Teatro de Santiago o espectáculo O profesional, primeira versión galega da obra do serbio Dusan Kovacevic que sinala, ademais, o inicio da temporada 2012-2013 da compañía pública. O seu responsable, Manuel Guede Oliva, dirixe esta nova proposta, que poñen en escena catro recoñecidos intérpretes galegos -Ernesto Chao, Miguel Pernas, Rebeca Montero e Rodrigo Roel- e para a que se conta coa colaboración da Companhia de Teatro de Braga como entidade coprodutora.
[28/09/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ultima estes días os ensaios do equipo técnico e artístico dedicado á produción de O profesional. O espectáculo, versión galega da obra de Dusan Kovacevic baixo a dirección de Manuel Guede Oliva, abrirá a temporada 2012-13 da compañía pública o próximo venres 5 de outubro coa súa estrea no Salón Teatro de Santiago.
[26/09/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria instituíu a través do Centro Dramático Galego (CDG) o 'Premio Roberto Vidal Bolaño ao Espectador' como iniciativa destinada a fomentar a actitude participativa entre o público teatral. O novo galardón, de carácter anual e vinculado á temporada de exhibición do Salón Teatro, publicou a súa primeira convocatoria co obxectivo de recoñecer as achegas dos asistentes aos espectáculos programados no espazo escénico compostelán sede do CDG.
[13/09/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa Compañía Nacional de Danza de Costa Rica na montaxe e estrea no país centroamericano de Vacuo, o espectáculo creado pola ourensá Maruxa Salas en 2006 como primeira produción artística do Centro Coreográfico Galego (CCG).
[04/09/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre a temporada teatral 2012-2013 do Centro Dramático Galego co inicio dos ensaios do espectáculo O profesional cara á súa estrea o 5 de outubro no Salón Teatro de Santiago. Baixo a dirección de Manuel Guede Oliva, un elenco integrado por catro destacados nomes da escena galega -Miguel Pernas, Ernesto Chao, Rodrigo Roel e Rebeca Montero- traballa xa na construción e interpretación dos personaxes da obra de Dusan Kovacevic (na imaxe), dramaturgo e director de orixe serbia e unha das grandes figuras contemporáneas da escrita dramática europea.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 Ver novas anteriores