[13/06/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desenvolverá o vindeiro mes de xullo na Coruña un total de oito obradoiros de danza clásica e contemporánea, organizados polo Centro Coreográfico Galego (CCG) como parte do seu programa formativo. A sede da compañía pública no Complexo Deportivo de Elviña acollerá estas clases entre os días 9 e 27, período durante o que os profesores Luciano Gómez, Déborah Alfaya, Raquel Gónzález, Armando Martén, David Loira, Hervé Ilari, Paula de Castro e Mercedes Suárez impartirán os seus respectivos obradoiros de técnica clásica, puntas, pas de deux e danza contemporánea.
[12/06/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este xoves 14, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago o último concerto da cuarta entrega do ciclo ST Música Presente, que pecha o trío Loaira cun directo no que soarán os temas do seu debut discográfico homónimo.
[06/06/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago tres funcións da comedia musical O fútbol é así, segunda produción da compañía Obras Públicas que poderá verse na sede do Centro Dramático Galego o venres 8 de xuño e o sábado 9, ás 20.30 horas, e o domingo 10, ás 18.00 h.
[05/06/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa este xoves 7, ás 21.00 horas, no Salón Teatro un novo concerto do ciclo ST Música Presente, no que a galega Ugia Pedreira e o brasileiro Fred Martins ofrecerán en directo os temas de Acrobata, o seu primeiro traballo discográfico conxunto. Os artistas regresan a Galicia nunha escala da xira internacional dentro da que veñen de actuar en Oxford, Londres e Bruxelas para, a continuación, poñer rumbo cara a São Paulo coa súa persoal interpretación do achegamento entre as músicas populares de Galicia e Portugal.
[04/06/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta mañá martes 5, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago de Compostela o espectáculo
Mire veja
da Companhia do Feijão, na que será a única representación en España desta recoñecida formación procedente da cidade brasileira de São Paulo.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 Ver novas anteriores