Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O ESPAZO COMPOSTELÁN ACOLLERÁ TRES FUNCIÓNS DESTA PROPOSTA DO MÉRCORES 7 AO VENRES 9, ÁS 20.30 HORAS

Cultura e Educación presenta no Salón Teatro o último espectáculo do Centro Coreográfico Galego con pezas de Nacho Duato, Amaury Lebrun e Mercedes Suárez Documento anexo

[05/11/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta esta semana no Salón Teatro de Santiago a última produción do Centro Coreográfico Galego que, baixo o título conxunto de AÍNDA, reúne no programa as pezas Jardí Tancat, de Nacho Duato, e Aínda, creada por Mercedes Suárez e Amaury Lebrun.

A MONTAXE PODERÁ VERSE O SÁBADO 3 ÁS 20:30 E O DOMINGO 4 ÁS 19:00 H

A Consellería de Cultura e Educación leva a Ourense o espectáculo do Centro Dramático Galego 'O profesional' Documento anexo

[31/10/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva esta fin de semana ao Teatro Principal de Ourense o espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) O profesional, que ofrecerá dúas funcións o sábado día 3 (20:30 h) e o domingo 4 (19:00 h), como parte da xira que a compañía pública está a realizar con esta montaxe por distintas localidades galegas e portuguesas.

DIRIXIDO POR RUI MADEIRA E REPRESENTADO POLA COMPANHIA DE TEATRO DE BRAGA, O ESPECTÁCULO PROPÓN UNHA REVISIÓN MODERNA E CÓMICA DESTE CLÁSICO VICENTINO

Cultura e Educación ofrece no Salón Teatro dúas funcións do 'Auto da Barca do Inferno' de Gil Vicente pola Companhia de Teatro de Braga Documento anexo

[31/10/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achega ao Salón Teatro de Santiago a representación do espectáculo Auto da Barca do Inferno pola Companhia de Teatro de Braga. Rui Madeira dirixe esta revisión moderna e cómica do clásico de Gil Vicente, recoñecido como o fundador da dramaturxia portuguesa, que poderá verse en Compostela o venres 2 e o sábado 3 de novembro, ás 20.30 horas.

XESÚS VÁZQUEZ ABAD ASISTIRÁ ESTA NOITE Á 'PREMIERE' DA QUE É A PRIMEIRA PELÍCULA EUROPA DE ANIMACIÓN 'STOP MOTION' EN 3D ESTEREOSCÓPICO

A Consellería de Cultura e Educación apoia o filme de animación 'O Apóstolo' na súa estrea galega no Salón Teatro Documento anexo

[30/10/2012] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle esta noite, ás 21.00 horas, a estrea galega de O Apóstolo, primeira película europea de animación stop motion desenvolvida en 3D estereoscópico. O conselleiro en funcións Xesús Vázquez Abad asistirá á premiere da longametraxe da produtora galega Artefacto Producións, dirixida polo compostelán Gonzalo Cortizo, que chegará mañá ás salas de cinema españolas.

A MONTAXE PODERÁ VERSE O MARTES 30 E O MÉRCORES 31 ÁS 20:30 HORAS NO CENTRO CULTURAL NOVACAIXAGALICIA TEATRO

O Centro Dramático Galego da Consellería de Cultura e Educación ofrece en Vigo dúas funcións do espectáculo "O profesional" Documento anexo

[26/10/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levará a cabo en Vigo dúas funcións do espectáculo O profesional, que terán lugar no Centro Cultural Novacaixagalicia Teatro o martes 30 e o mércores 31 de outubro ás 20:30 horas. A primeira versión galega da obra do serbio Dusan Kovacevic, con dirección escénica de Manuel Guede, continúa deste xeito na cidade olívica unha distribución que abrangue 11 escenarios galegos e portugueses, despois de ser estreada en Santiago o pasado 5 de outubro.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: