Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A REPRESENTACIÓN O VENRES 28 ÁS 20:30 HORAS

Cultura e Educación ofrece en Pontevedra unha función do 'Quebranoces' con alumnos de danza, orquestra e coro do conservatorio da cidade Documento anexo

[26/12/2012] O Centro Coreográfico Galego (CCG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este venres día 28 en Pontevedra a súa versión do famoso ballet Quebranoces, de Tchaikovski e Petipa. Nesta representación, que se celebrará no Pazo da Cultura ás 20:30 horas, contarase coa participación de 45 estudantes das escolas de danza Deborah e Vaganova, así como coa música en directo a cargo da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e do Coro Infantil do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga.

PARTICIPAN NO PROXECTO, IDEADO A PARTIR DO LIBRO-DISCO DE EDITORIAL GALAXIA, RECOÑECIDOS NOMES DA MÚSICA E DO TEATRO GALEGOS

Cultura e Educación continúa a programación familiar de Nadal no Salón Teatro co espectáculo musical 'María Fumaça' Documento anexo

[24/12/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria prosegue coa programación de Nadal que o Salón Teatro de Santiago está a desenvolver estes días especialmente dirixida a público familiar, co espectáculo musical María Fumaça, que terá lugar no espazo compostelán o xoves día 27 ás 20:30 horas.

O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ O XOVES 27, ÁS 20.30 H, UNHA FUNCIÓN DESTE ESPECTÁCULO NA QUE INTERVIRÁN 56 ALUMNAS DAS ESCOLAS JESÚS QUIROGA/ASOCIACIÓN MUNDO DANZA E MATILDE PEDREIRA DE FERROL

Cultura e Educación presenta en Narón o 'Quebranoces' do Centro Coreográfico Galego coa participación de estudantes de danza de Ferrolterra Documento anexo

[22/12/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrecerá o vindeiro xoves 27 en Narón unha función do ballet Quebranoces do Centro Coreográfico Galego (CCG), na que un total de 56 alumnas de danza da zona de Ferrolterra actuarán xunto ao elenco profesional da compañía pública.

UN TOTAL DE 42 ALUMNOS DA ESCOLA DE DANZA PERLA DE AROUSA INTEGRAN O CORPO DE BAILE NA FUNCIÓN QUE O CCG OFRECE ÁS 20.30 HORAS NO AUDITORIO MUNICIPAL

A Consellería de Cultura e Educación estrea mañá en Vilagarcía a versión do ballet 'Quebranoces' do Centro Coreográfico Galego Documento anexo

[21/12/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estrea mañá sábado, ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa a versión do ballet Quebranoces de Tchaikovski e Petipa, coa que o Centro Coreográfico Galego (CCG) realiza por primeira vez desde a súa creación unha produción de ballet clásico.

O AUDITORIO MUNICIPAL HERNÁN NAVAL OFRECE A DERRADEIRA FUNCIÓN O DOMINGO 23 ÁS 20.30 HORAS

Centro Dramático Galego, dependente de Cultura e Educación, remata en Ribadeo a xira do espectáculo "O profesional" Documento anexo

[21/12/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria remata a xira do seu último espectáculo, O profesional, na localidade luguesa de Ribadeo. A derradeira función da obra de Dusan Kovacevic baixo dirección de Manuel Guede Oliva terá lugar o domingo día 23 no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 20:30 horas.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: