Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

UN TOTAL DE 16 NENAS DA ESCOLA CINDERELLA FORON SELECCIONADAS PARA A REPRESENTACIÓN QUE TERÁ LUGAR MAÑÁ NO AUDITORIO MUNICIPAL

Cultura e Educación continúa en Arteixo a xira do "Quebranoces" do Centro Coreográfico coa participación de alumnas de danza da localidade Documento anexo

[17/01/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta mañá venres ás 20.30 horas no Auditorio Municipal de Arteixo o espectáculo Quebranoces, versión do famoso ballet de Tchaikovski e Petipa que o Centro Coreográfico Galego (CCG) está a poñer en escena en colaboración con centros de danza e orquestras de toda Galicia.

BERROBAMBÁN E BICHAKADELA COPRODUCEN A POSTA EN ESCENA DESTA OBRA COA QUE PAULA CARBALLEIRA GAÑOU O VI PREMIO MANUEL MARÍA DE LITERATURA DRAMÁTICA INFANTIL

O Salón Teatro de Cultura e Educación acolle esta fin de semana a estrea en Santiago do espectáculo familiar 'O refugallo' Documento anexo

[16/01/2013] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle esta fin de semana a estrea de O refugallo, espectáculo teatral para público familiar que as compañías galegas Berrobambán e Bichakadela coproducen a partir do texto homónimo de Paula Carballeira. A obra, galardoada en 2011 co Premio Manuel María de literatura dramática infantil que Cultura e Educación convoca a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), será representada en Santiago o sábado 19 e o domingo 20, ás 18.00 horas, ademais de ofrecer catro funcións escolares a partir de mañá xoves.

O ESPECTÁCULO, PRIMEIRA NOVA PRODUCIÓN DE TEATRO GALEGO DESTE ANO, REPRESÉNTASE NO ESPAZO COMPOSTELÁN DO XOVES 10 AO DOMINGO 13 DE XANEIRO

Cultura e Educación abre a programación de 2013 no Salón Teatro coa estrea de 'Linda and Freddy, ilusionistas' de Teatro do Noroeste Documento anexo

[08/01/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre esta semana a carteleira de representacións no Salón Teatro de Santiago de Compostela coa estrea do novo espectáculo de Teatro do Noroeste, Linda and Freddy, ilusionistas, que terá lugar este xoves día 10, ás 21.00 horas.

O AUDITORIO GUSTAVO FREIRE ACOLLERÁ UNHA FUNCIÓN DO FAMOSO BALLET DE TCHAIKOVSKI E PETIPA NA QUE, XUNTO COS BAILARÍNS PROFESIONAIS DO CCG, INTERVIRÁN MÁIS DE 60 ALUMNOS DO CENTRO LUCENSE

O 'Quebranoces' do Centro Coreográfico Galego chega este venres a Lugo en colaboración co Conservatorio Profesional de Danza Documento anexo

[02/01/2013] O Centro Coreográfico Galego (CCG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria preséntase este venres día 4 en Lugo coa súa versión do famoso ballet Quebranoces, de Tchaikovski e Petipa, que desenvolve en colaboración co Conservatorio Profesional de Danza da cidade. Así, na función que se celebrará ás 20.30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire participarán máis de 60 alumnas e alumnos deste centro, que interveñen no espectáculo xunto aos bailaríns profesionais da compañía pública.

O ESPAZO ESCÉNICO DO CDG DESPIDE O ANO CUNHA DOBRE FUNCIÓN A CARGO DA COMPAÑÍA TANXARINA

O espectáculo 'Trogloditas' pecha este domingo a programación de Nadal da Consellería de Cultura e Educación no Salón Teatro Documento anexo

[28/12/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria remata este domingo día 30 a programación especial de Nadal do Salón Teatro de Santiago con dúas funcións (ás 12.00 e ás 18.00 horas) do espectáculo Trogloditas, unha proposta de actores e títeres para todos os públicos a cargo compañía galega Tanxarina.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: