[31/10/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achega ao Salón Teatro de Santiago a representación do espectáculo Auto da Barca do Inferno pola Companhia de Teatro de Braga. Rui Madeira dirixe esta revisión moderna e cómica do clásico de Gil Vicente, recoñecido como o fundador da dramaturxia portuguesa, que poderá verse en Compostela o venres 2 e o sábado 3 de novembro, ás 20.30 horas.
[30/10/2012] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle esta noite, ás 21.00 horas, a estrea galega de O Apóstolo, primeira película europea de animación stop motion desenvolvida en 3D estereoscópico. O conselleiro en funcións Xesús Vázquez Abad asistirá á premiere da longametraxe da produtora galega Artefacto Producións, dirixida polo compostelán Gonzalo Cortizo, que chegará mañá ás salas de cinema españolas.
[26/10/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levará a cabo en Vigo dúas funcións do espectáculo O profesional, que terán lugar no Centro Cultural Novacaixagalicia Teatro o martes 30 e o mércores 31 de outubro ás 20:30 horas. A primeira versión galega da obra do serbio Dusan Kovacevic, con dirección escénica de Manuel Guede, continúa deste xeito na cidade olívica unha distribución que abrangue 11 escenarios galegos e portugueses, despois de ser estreada en Santiago o pasado 5 de outubro.
[23/10/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inicia esta semana en Tui a xira do espectáculo O profesional con dúas funcións o venres 26 (21:30 h) e o sábado 27 (20:30 h) no Teatro Municipal da Área Panorámica. A primeira versión galega da obra do serbio Dusan Kovacevic principia así na localidade pontevedresa unha distribución que a levará ata finais de 2012 por 11 escenarios galegos e portugueses, despois da súa estrea en Santiago o pasado 5 de outubro.
[09/10/2012] Un total de 540 alumnos procedentes de centros de ensino secundario de distintas localidades galegas participarán na campaña escolar de difusión teatral que organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mediante a asistencia no Salón Teatro de Santiago ao espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) O profesional.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 Ver novas anteriores