AGADIC

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e TurismoAGADIC

Noticias

XESÚS VÁZQUEZ ABAD ASISTIRÁ ESTA NOITE Á 'PREMIERE' DA QUE É A PRIMEIRA PELÍCULA EUROPA DE ANIMACIÓN 'STOP MOTION' EN 3D ESTEREOSCÓPICO

A Consellería de Cultura e Educación apoia o filme de animación 'O Apóstolo' na súa estrea galega no Salón Teatro Documento anexo

[30/10/2012] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle esta noite, ás 21.00 horas, a estrea galega de O Apóstolo, primeira película europea de animación stop motion desenvolvida en 3D estereoscópico. O conselleiro en funcións Xesús Vázquez Abad asistirá á premiere da longametraxe da produtora galega Artefacto Producións, dirixida polo compostelán Gonzalo Cortizo, que chegará mañá ás salas de cinema españolas.

A MONTAXE PODERÁ VERSE O MARTES 30 E O MÉRCORES 31 ÁS 20:30 HORAS NO CENTRO CULTURAL NOVACAIXAGALICIA TEATRO

O Centro Dramático Galego da Consellería de Cultura e Educación ofrece en Vigo dúas funcións do espectáculo "O profesional" Documento anexo

[26/10/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levará a cabo en Vigo dúas funcións do espectáculo O profesional, que terán lugar no Centro Cultural Novacaixagalicia Teatro o martes 30 e o mércores 31 de outubro ás 20:30 horas. A primeira versión galega da obra do serbio Dusan Kovacevic, con dirección escénica de Manuel Guede, continúa deste xeito na cidade olívica unha distribución que abrangue 11 escenarios galegos e portugueses, despois de ser estreada en Santiago o pasado 5 de outubro.

A MONTAXE PODERÁ VERSE O VENRES 26 E O SÁBADO 27 NO TEATRO MUNICIPAL ÁREA PANORÁMICA

A Consellería de Cultura e Educación inicia en Tui a xira do espectáculo "O profesional" do Centro Dramático Galego Documento anexo

[23/10/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inicia esta semana en Tui a xira do espectáculo O profesional con dúas funcións o venres 26 (21:30 h) e o sábado 27 (20:30 h) no Teatro Municipal da Área Panorámica. A primeira versión galega da obra do serbio Dusan Kovacevic principia así na localidade pontevedresa unha distribución que a levará ata finais de 2012 por 11 escenarios galegos e portugueses, despois da súa estrea en Santiago o pasado 5 de outubro.

UN CADERNO PEDAGÓXICO APOIA AS FUNCIÓNS MATINAIS ESPECIFICAMENTE DIRIXIDAS A ESTUDANTES DE SECUNDARIA

Máis de 500 alumnos asistirán ao espectáculo 'O profesional' do CDG dentro da campaña escolar deseñada pola Consellería de Cultura e Educación Documento anexo

[09/10/2012] Un total de 540 alumnos procedentes de centros de ensino secundario de distintas localidades galegas participarán na campaña escolar de difusión teatral que organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mediante a asistencia no Salón Teatro de Santiago ao espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) O profesional.

‘GALLAECIA EN DANZA’ PROPÓN UN PERCORRIDO GUIADO POLA HISTORIA DE GALICIA A TRAVÉS DA PEDRA DA MAN DE BAILARÍNS DO CCG, QUE INTERPRETARÁN TRES PEZAS

O Centro Coreográfico Galego protagoniza na Cidade da Cultura unha visita guiada á exposición "Gallaecia Petrea" combinando arte, historia e movemento

[05/10/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida este sábado día 6 a descubrir dunha nova forma a exposición Gallaecia Petrea a través dun programa de visitas guiadas que combinan arte, historia e movemento. Trátase de Gallaecia en danza, unha oportunidade para gozar dunha fusión de linguaxes artísticas na que a contundencia da arte na pedra vai da man da expresividade da danza, e que se desenvolve no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: