Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

A UNIDADE DE DANZA DA XUNTA OFRECEU UN TOTAL DE 12 FUNCIÓNS EN SETE ESCENARIOS GALEGOS NUNHA PRIMEIRA QUENDA DE REPRESENTACIÓNS DA SÚA VERSIÓN DO CLÁSICO DE TCHAIKOVSKI E PETIPA

A xira do "Quebranoces" do Centro Coreográfico Galego congregou xa máis de 13.400 espectadores Documento anexo

[25/02/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reuniu máis de 13.400 espectadores durante a xira que o Centro Coreográfico Galego (CCG) desenvolveu entre os meses de decembro e febreiro coa súa versión do ballet clásico Quebranoces, da que ofreceu un total de 12 funcións en sete escenarios de toda Galicia.

AS REPRESENTACIÓNS DESTA CREACIÓN COLECTIVA, A PARTIR DA OBRA ‘NOITE DE REIS’ DE SHAKESPEARE, TERÁN LUGAR O VENRES E O SÁBADO ÁS 20.30 HORAS E O DOMINGO ÁS 18.00

O Salón Teatro de Cultura e Educación ofrece esta fin de semana tres funcións da comedia "Iliria" de Elefante Elegante Documento anexo

[20/02/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a desenvolver no Salón Teatro de Santiago unha programación integramente dedicada á escena galega, no marco da que a compañía Elefante Elegante representará esta fin de semana o espectáculo Iliria, a súa particular revisión da obra Noite de reis de William Shakespeare.

O PROGRAMA DESPÍDESE ATA NOVEMBRO CON SENLLAS CITAS DEDICADAS A ESTAS PEZAS, ESCRITAS E DIRIXIDAS POLO AUTOR COMPOSTELÁN PARA A SÚA COMPAÑÍA TEATRO DO AQUÍ

O ciclo audiovisual "Vidal Bolaño recuperado" lembra esta semana no Salón Teatro os espectáculos "Anxeliños" e "Animaliños" Documento anexo

[19/02/2013] O ciclo audiovisual Vidal Bolaño recuperado, a través do que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a analizar mediante o seu visionado algunhas das principais pezas teatrais do autor homenaxeado no Día das Letras, dedicará as sesións desta semana a dous dos espectáculos que escribiu e dirixiu para a súa compañía Teatro do Aquí: Anxeliños!, que centrará a sesión de mañá mércores 20, e Animaliños, a do xoves 21.

O PERFORMER GALEGO AFINCADO EN BARCELONA DESENVOLVERÁ NA NAVE TÉCNICA DA AGADIC E NO SALÓN TEATRO PARTE DO TRABALLO DE CREACIÓN DO ESPECTÁCULO SYMON PÉDÍCRÍ

Diego Anido inicia unha residencia artística no CDG co apoio da Consellería de Cultura e Educación

[18/02/2013] O artista escénico Diego Anido inicia hoxe unha residencia no Centro Dramático Galego (CDG) como parte do traballo de creación do seu vindeiro espectáculo, Symon Pédícrí, para o que conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A compañía pública participa no acompañamento ao proceso previo á estrea da montaxe, coproducida polo espazo El Graner (asociado ao Mercat de les Flors e ao programa Fábricas de Creación de Barcelona) e o Festival Alt de Vigo, que incluirá a mostra ao público galego dun adianto do resultado acadado.

TODAS AS SESIÓNS DAN COMEZO ÁS 19.00 HORAS E A ENTRADA É LIBRE ATA COMPLETAR A CAPACIDADE

"Laudamuco" e "Saxo Tenor" centran esta semana o ciclo audiovisual "Vidal Bolaño recuperado" que o CDG organiza no Salón Teatro Documento anexo

[12/02/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece esta semana no Salón Teatro de Santiago dúas novas citas audiovisuais do ciclo Vidal Bolaño recuperado, que dedicará a sesión de mañá mércores 13 á análise de Laudamuco, señor de ningures a partir da súa posta en escena polo Centro Dramático Galego en 2003 (na imaxe), mentres que a do xoves 14 se centrará no espectáculo Saxo Tenor, que o propio Roberto Vidal Bolaño dirixira para a súa compañía Teatro do Aquí en 1993.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: