AGADIC

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e TurismoAGADIC

Noticias

ESCENIFICARASE O SÁBADO DÍA 1 ÁS 20.30 H E O DOMINGO 2 ÁS 18.00 H COMO PARTE DA PROGRAMACIÓN DO III ENCONTRO INTERNACIONAL DE POLÍTICAS DE INTERCAMBIO NO ÁMBITO DAS ARTES ESCÉNICAS

O Salón Teatro de Santiago, dependente de Cultura e Educación, acolle a representación de 'A tempestade' pola compañía da ESAD Documento anexo

[29/11/2012] O Salón Teatro de Santiago, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ofrece esta fin de semana a posta en escena do espectáculo de debut da compañía da ESAD (Escola Superior de Arte Dramática), A tempestade, de William Skakespeare. A súa representación está incluída na programación complementaria do III Encontro Internacional de Políticas de Intercambio no Ámbito das Artes Escénicas, que o conselleiro en funcións Xesús Vázquez Abad inaugura mañá na Cidade da Cultura.

A NOVA PROPOSTA DO CDG PODERÁ VERSE ESTE VENRES DÍA 30, ÁS 20.30 HORAS, NO CENTRO SOCIAL NOVACAIXAGALICIA

Cultura e Educación presenta en Pontevedra o espectáculo 'O profesional' do Centro Dramático Galego Documento anexo

[28/11/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desprázase esta semana a Pontevedra para ofrecer unha función de O profesional, o seu último espectáculo. O Centro Social Novacaixagalicia acollerá o venres día 30, ás 20.30 horas, a posta en escena da que é a primeira versión galega da obra do serbio Dusan Kovacevic, con dirección de Manuel Guede Oliva e a colaboración da Companhia de Teatro de Braga na coprodución.

O AUDITORIO DO PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A FUNCIÓN ESTE SÁBADO DÍA 24 ÁS 21:00 HORAS

Cultura e Educación leva a Pontevedra o espectáculo de danza AÍNDA, última produción do Centro Coreográfico Galego Documento anexo

[22/11/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este sábado 24 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra unha función da última produción do Centro Coreográfico Galego (CCG) que, baixo o título conxunto de AÍNDA, reúne no mesmo programa as pezas Jardí Tancat, de Nacho Duato, e Aínda, creada por Mercedes Suárez e Amaury Lebrun.

ESTA VERSIÓN DA OBRA DE DUSAN KOVACEVIC REPRESÉNTASE O VENRES 23 NO TEATRO MUNICIPAL LAURO OLMO, ONDE RECALA DESPOIS DE VISITAR COIMBRA E BRAGA

A Consellería de Cultura e Educación retoma no Barco de Valdeorras a xira galega do espectáculo ‘O profesional’ Documento anexo

[21/11/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria avanza na xira galega do seu espectáculo O profesional, que este venres 23 será representado no Teatro Municipal Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. A primeira versión galega da obra do serbio Dusan Kovacevic, con dirección escénica de Manuel Guede Oliva, regresa así a Galicia despois das funcións ofrecidas nas localidades portuguesas de Coimbra e Braga.

PRETO DE 40 ALUMNOS DA ESAD PARTICIPARON NOS PERCORRIDOS GUIADOS POLO ESPAZO ESCÉNICO QUE XESTIONA O CDG PARA COÑECER DE PRIMEIRA MAN AS SÚAS CARACTERÍSTICAS E O SEU FUNCIONAMENTO TÉCNICO

Cultura e Educación impulsa o programa de visitas didácticas ao Salón Teatro de Santiago

[20/11/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a impulsar o programa de visitas didácticas e guiadas ao Salón Teatro de Santiago, sede do Centro Dramático Galego (CDG), no que participaron xa preto de 40 estudantes da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: